Skip to Content

O MESTRE JOSÉ ANTONIO COMEZA UNHA NOVA ETAPA

O pasado venres día 31 de xaneiro, o mestre José Antonio xubilouse e fixémoslle unha pequena festa sorpresa para despedirnos del e desexarlle moitas alegrías nesta nova etapa.

Acompañounos no centro nos últimos -nada menos- que 23 anos. Foi secretario, director, mestre de música, titor de 1º e 2º de Primaria...toda unha institución no colexio e especialmente un gran amante do seu traballo.

Feliz xubilación profe!

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

O pasado xoves día 30 de xaneiro foi un día do máis diferente e divertido no cole de Leiro.

Pola mañá desfrutamos do espectáculo teatral "Novos lobos" da compañía Fantoches Baj e pola tarde fartámonos de xogar cos preciosos xogos que nos trouxeron os mozos e mozas de ASPADISI, os/as cales nos acompañaron durante toda a xornada.

Foi un pracer telos/as con nós e pasar unha xornada tan agradable!

 

(Ver imaxes na galería)

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

O pasado mércores día 29 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 3º a 6º de Educación Primaria desfrutaron dunha completa mañá de xogos tradicionais a cargo de Lito do "Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo" de Ourense.

CHARLA PARA FAMILIAS "ACOSO ESCOLAR"

O vindeiro martes día 21 de xaneiro ás 15:30 horas terá lugar na aula de informática do centro unha charla para pais/nais sobre o tema "Acoso escolar" impartida por membros da Garda Civil dentro das actividades da Escola de Pais e Nais e do Plan Director.

Será importante a vosa presenza!

FELICES FESTAS!

O profesorado do CEIP Emilia Pardo Bazán deséxavos a alumnado e familias un Bo Nadal!

Distribuir contido


by Dr. Radut