Skip to Content

OBRA DE TEATRO "O LOBO E A LÚA"

Este luns día 2 marzo, o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria desfrutaron dunha obra de teatro no Auditorio de Ourense titulada "O lobo e a lúa", dentro das actividades de Afundación.

VIVA O ENTROIDO!

O pasado venres día 21 de febreiro celebramos o Entroido por todo o alto no cole de Leiro.

Pola mañá ben cedo, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria dedicáronse a vender polo pobo orellas que eles mesmos/as elaboraron o día anterior co fin de recaudar fondos para a excursión de fin de curso. Foi unha venda completamente exitosa!

Despois do recreo, todos/as puxemos os nosos disfraces de corsarios/as que confeccionamos nas semanas anteriores e desfrutamos de dúas horas de xogos piratas coma nós.

COLABORA CON NÓS PARA IR DE EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!

O vindeiro venres día 21 de febreiro de 10:00 a 11:30 horas, os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria venderán polo pobo de Leiro orellas de entroido que eles/as mesmos/as elaborarán nos días previos.

O prezo será simbólico e coa túa compra colaborarás coa súa viaxe de fin de curso.

Non quedes sen elas!

ACTIVIDADE SOBRE DIFERENZAS DE XÉNERO

O pasado mércores día 12 de febreiro, o alumnado de 3º a 6º de Primaria participaron nunha actividade sobre as diferenzas de xénero e o respeto cara estas.

A través de contos puideron desfrutar dunha hora de diversión e aprendizaxe grazas á colaboración da Biblioteca Municipal de Leiro.

CHARLA "ACOSO ESCOLAR" PARA PAIS/NAIS

O vindeiro martes día 11 de febreiro terá lugar unha charla para pais e nais de alumnado ás 15:30 horas na aula de informática do centro.

Esta versará sobre "Acoso escolar" e será impartida por profesionais da Garda Civil da Comandancia de Ourense.

Será interesante que acudades.

Distribuir contido


by Dr. Radut