Skip to Content

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS. PECHE DOS CENTROS EDUCATIVOS.

Dende o luns día 16 de marzo e ata o luns día 30 de marzo (inicialmente), suspenderanse tódalas actividades lectivas, de modo que os centros educativos permanecerán pechados.

 

INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS

Nestes momentos nos que nos vemos afectados por unha epidemia mundial, é necesario que extrememos as máximas precaucións co fin de evitar máis contaxios e atallar a pandemia canto antes.

(Máis información na imaxe adxunta)

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER

O pasado martes día 11 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller no noso pobo.

Tódolos nenos e nenas e mestres e mestras xuntámonos coa xente do pobo na praza para ler un manifesto a favor do papel da muller na sociedade e en concreto no Concello de Leiro e cantar a fermosa canción en prol da igualdade "Todo pode ser".

Esta foi unha actividade programada en colaboración cos Servizos Sociais Municipais.

ACTIVIDADE LÚDICA E DEPORTIVA "XOGALOITA"

O pasado mércores día 4 de marzo, o alumnado de 3º a 6º de Primaria desfrutou dunha actividade lúdica e deportiva denominada "Xogaloita" que se levou a cabo no pavillón do colexio Marsitas de Ourense.

ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021: PRAZO DE ENTREGA DE SOLICITUDES

Dende o día 1 e ata o día 20 de marzo, está aberto o prazo para solicitar a admisión de alumnado que no curso 2020-2021 deba cursar 4º de Educación Infantil.

Os impresos deberán recollerse e entregarse cubertos e asinados na Dirección do centro, ou de forma telemática na web: www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

Toda a información sobre este proceso poderedes tamén atopala no taboleiro de anuncios no interior do patio do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut