Skip to Content

XORNADA DE ATLETISMO EN EXPOURENSE

O pasado xoves día 14 de novembro, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, dentro das Xornadas de Deporte Escolar, participaron na actividade "Xogando co Atletismo" que se desarrollou no recinto de Expourense (Ourense) xunto con outros colexios da provincia.

Que mañá máis divertida (e esgotadora)!

DÍAS NON LECTIVOS NO MES DE NOVEMBRO E DECEMBRO

Non son días lectivos o luns 11 de novembro (Festividade do Magosto. Festivo local) e o xoves 5 de decembro (Día elixido polo centro).

FESTA DO MAGOSTO NO COLE DE LEIRO

O pasado venres día 8 de novembro, todo o alumnado e profesorado do cole fomos á mañá ó cine de Leiro para ver a película "Abominable" e logo dun xantar típico de magosto a base de chourizos asados con pan, empanada e castañas asadas, desfrutamos dunha tarde de xogos, xa que o mal tempo non nos permitiu facer a tradicional fogueira.

Foi un día de festa total! Viva o magosto!

CELEBRAMOS O SAMAÍN

O pasado mércores día 30 de novembro celebramos o Samaín no colexio. Tódolos alumnos e alumnas viñeron terrorificamente disfrazados e participaron nunha actividade de xogos cooperativos no caso de Educación Primaria e talleres de maquixalle e cociña no caso de Educación Infantil.

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR

Un curso máis, a través do Plan Director, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu catro charlas nos meses de outubro e novembro sobre as temáticas "Drogas e Alcohol", "Acoso Escolar", "Os perigos de Internet" e "Violencia de Xénero". Ditas charlas foron impartidas por profesionais da Garda Civil.

Distribuir contido


by Dr. Radut