Skip to Content

FESTA DO MAGOSTO NO COLE DE LEIRO

O pasado venres día 8 de novembro, todo o alumnado e profesorado do cole fomos á mañá ó cine de Leiro para ver a película "Abominable" e logo dun xantar típico de magosto a base de chourizos asados con pan, empanada e castañas asadas, desfrutamos dunha tarde de xogos, xa que o mal tempo non nos permitiu facer a tradicional fogueira.

Foi un día de festa total! Viva o magosto!



page | by Dr. Radut