Skip to Content

HORARIO DO 2 Ó 10 DE SETEMBRO

O horario do centro entre os días 2 e 10 de setembro será de 10:00 a 13:00 horas.

 

SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR OU BENEFICIARSE DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PROVISIONALMENTE:

- Tódalas solicitudes foron admitidas excepto as referidas ós/ás alumnos/as Raquel Nores Fernández, Iago Nores Fernández, Martín Núñez Otero e Daniela Núñez Otero.

HORARIO SEMANA DO 24 Ó 28 DE XUÑO

O horario da dirección do centro na semana do 24 ó 28 de xuño é o seguinte:

- Luns, mércores e xoves de 10:00 a 13:00 horas.

- Martes de 9:30 a 11:00 horas.

- Venres de 10:00 a 12:00 horas.

FESTA DE FIN DE CURSO: OLIMPIADAS NO COLE DE LEIRO E GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º

O pasado venres celebramos que remataba o curso, pero desta vez dun modo diferente ós anos anteriores: cambiamos o clásico festival por unhas olimpiadas moi particulares.

Como ó longo dos últimos meses estivemos traballando o tema dos deportes, ese día organizamos uns divertidos xogos nos que participaron nais e pais que se animaron a correr, saltar, lanzar balóns...

ÚLTIMOS DÍAS DE CURSO: ORGANIZACIÓN

MÉRCORES DÍA 19 DE XUÑO:

- Xornada de portas abertas para familias e alumnado que se incorpora ó centro o vindeiro curso ás 12:00 horas.

XOVES DÍA 20 DE XUÑO:

- Entrega de notas ás familias do alumnado de Educación Primaria de 11:45 a 13:30 horas nas aulas de titoría correspondentes.

- Reunión coas familias do alumnado de Educación Infantil ás 11:45 horas na aula de titoría.

VENRES DÍA 21 DE XUÑO:

- Olimpiadas de Leiro (xogos para alumnado e familias) de 11:00 a 12:30 horas no patio de arriba do colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut