Skip to Content

FESTA DE FIN DE CURSO: OLIMPIADAS NO COLE DE LEIRO E GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º

O pasado venres celebramos que remataba o curso, pero desta vez dun modo diferente ós anos anteriores: cambiamos o clásico festival por unhas olimpiadas moi particulares.

Como ó longo dos últimos meses estivemos traballando o tema dos deportes, ese día organizamos uns divertidos xogos nos que participaron nais e pais que se animaron a correr, saltar, lanzar balóns...

Dende as 11:00 ata as 12:30 horas non paramos de facer exercicio, logo cantamos todos xuntos a canción "We are the champions" e tivemos a entrega dos correspondentes trofeos e, para rematar a mañá, despedímonos dos nenos e nenas que cursaron 6º e que para o curso vindeiro comezarán unha nova etapa nos insititutos cunha pequena cerimonia de graduación con diplomas e agasallos incluídos.

Marabillosa forma de acabar o curso, non si?

 

(Ver imaxes na galería)



page | by Dr. Radut