Skip to Content

ACTUACIÓN DA MAGA LEO LEIÑO

O pasado xoves día 7 de xuño, puidemos desfrutar no colexio do marabilloso espectáculo de maxia da maga Leo Leiño grazas á colaboración da Biblioteca Municipal de Leiro.

A maxia volveunos a todos/as cativos/as e transportounos a un mundo de ilusión e fantasía co que o pasamos xenial.

 

(Ver imaxes na galería)

COMEDORES ESCOLARES CURSO 2018-2019

INSTRUCCIÓN 1/2018 DO 4 DE XUÑO SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES PARA O CURSO 2018-2019.

- Beneficiarios/as: Alumnado de Educación Infantil e Primaria.

- Impresos de solicitude: Anexo II Modelo de Autodeclaracións e Especificacións. Enviados ó alumando. Única solicitude por unidade familiar.

CONMEMORACIÓN DO CENTENARIO DO NACEMENTO DA ESCRITORA PURA VÁZQUEZ

O pasado luns 21 de maio, acompañados/as de 6 centros máis da provincia de Ourense, os alumnos e alumnas de 3º a 6º de Educación Primaria, participaron nunha actividade literaria na Insua dos Poetas (O Carballiño) para conmemorar o centenario do nacemento da escritora ourensá Pura Vázquez.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

ORDE DO 9 DE MAIO DE 2018.

DESTINATARIOS:

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado de 1º a 6º Primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumando de 1º e 2º Primaria.

- Fondo Solidario de Libros de Texto: alumnado de 3º a 6º Primaria.

 

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o día 22 de xuño de 2018, na dirección do centro ou no enderezo electrónico www.edu.xunta.es/fondolibros.

 

ASPECTOS A TER EN CONTA:

- Única solicitude por unidade familiar.

- Datos da renda do exercicio 2016.

Distribuir contido


by Dr. Radut