Skip to Content

BOCA-ORELLA: SOLUCINANDO CONFLITOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil foi formado para que entre eles/as sexan capaces de dialogar e resolver os seus conflitos dun modo pacífico.

Na aula colocouse unha imaxe dunha boca e unha imaxe dunha orella, xunto ás que deben colocarse para, por turnos, falar e escoitar do problema que tiveron.

Todo un éxito, xa que entenderon o funcionamento á prefección e emprégano dun modo moi construtivo.

Arriba eses/as peques!

 

(Ver imaxes na galería)

MEDIACIÓN: SOLUCIONANDO CONFLITOS PACIFICAMENTE

A mediación é unha estratexia de resolución pacífica de conflitos entre iguais.

Neste proceso, actúan como axentes, mediadores, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria que así o solicitaron e que foron formados para tal fin.

Na entrada do centro colocouse un buzón onde depositar as solicitudes de mediación e foi acondicionada a aula que servía de almacén para levar a cabo as reunións.

Con esta estratexia buscamos que diminúan os problemas entre o alumnado do centro e que, de surxir, sexan os nenos e nenas capaces de resolvelos.

A traballar!

MANUALIDADES NA RESIDENCIA DE MAIORES

Para celebrar a chegada da primavera, todos os nenos e nenas do cole foron convidados a participar xunto cos maiores da residencia Querqus a pasar unha divertida mañá realizando manualidades.

Xeracións mesturadas, elaboraron unhas fermosas bolboretas decorativas.

 

(Ver imaxes na galería)

DÍAS NON LECTIVOS NO MES DE MAIO

No mes de maio non serán lectivos os seguintes días:

- 1 de maio, martes - Festivo Nacional (Día do Traballo).

- 3 de maio, xoves - Festivo Local (Santa Cruz).

- 17 de maio, xoves - Festivo Autonómico (Día das Letras Galegas).

- 18 de maio, venres - Día elixido polo centro.

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

O pasado luns día 23 de abril celebrouse o Día do Libro e no cole de Leiro tamén o festexamos ó noso xeito.

Os/as alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria léronlle e dramatizáronlle contos ós demáis nenos/as do centro, os cales elixiron e prepararon nos días previos.

Organizáronse en pequenos grupos, elixiron o lugar do patio que quixeron e... ás 11:15 horas en punto... a ler todos/as á vez!

 

(Ver imaxes na galería)

Distribuir contido


by Dr. Radut