Skip to Content

PREPARANDO O ANSIADO FESTIVAL DE NADAL

Ó longo das semanas previas ó remate do trimestre dedicamos parte do tempo a ensaiar as actuacións do Festival de Nadal, entre elas a obra de teatro "La foto de Navidad" que representaron tódolos alumnos e alumnas de Educación Primaria.

 

ESTÁ CHEGANDO O NADAL Ó COLE DE LEIRO

No cole de Leiro xa cheira a Nadal, e senón que llo pregunten a eses Reis Magos tan churrusqueiros que adornan a entrada dun dos edificios do centro.

Eles recórdannos tamén que estamos a piques de rematar o trimestre e convídanvos a asistir ó Festival que faremos o xoves día 21 de decembro ás 11:00 horas no ximnasio, non sen antes recoller as notas a víspera de 14:45 a 15:30 horas.

CHARLA "SOBREPROTECCIÓN. A IMPORTANCIA DA AUTONOMÍA"

O pasado mércores día 13 de decembro, dentro das actividades da Escola de Nais e Pais, levouse a cabo unha interesante charla titulada "Sobreprotección. A importancia da autonomía".

Dita charla foi impartida por Julia, a psicóloga do SAT, e nela puideron participar pais/nais e mestres/as de alumnado de entre 3 e 7 anos.

CHARLA "SOBREPROTECCIÓN, IMPORTANCIA DA AUTONOMÍA NOS NENOS/AS"

O vindeiro mércores día 13 de decembro terá lugar a primeira das charlas incluídas no proxecto Escola de Pais e Nais que arranca este curso. Será ás 10:00 horas na aula de informática do centro.

Dita charla titulada "Sobreprotección, a importancia da autonomía nos nenos/as" estará dirixida a pais/nais/avós con rapaces/as de entre 3 e 7 anos e será impartida por Julia, a psicóloga do Servizo de Atención Temperá.

Animádevos a participar!

ODAIKO PERCUSSION E O CIRCOPETA

O luns día 4 de decembro, os alumnos/as e mestres/as de toda Primaria puxemos rumbo a Ourense, concretamento ó Auditorio, para desfrutar do espectáculo "Circopeta" de Odaiko Percussion.

Durante 50 minutos deixámonos marabillar pola maxia da percusión, os malabares e as risas que fixeron desta función un éxito total.

 

(Ver imaxes na galería)

Distribuir contido


by Dr. Radut