Skip to Content

PORTAS ABERTAS

Se queres coñecer o centro educativo, as súas instalacións, o profesorado...poderás facelo concertando unha cita coa dirección deste no teléfono 988488178.

 

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-2018

Marco normativo que rexe o procedemento:

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro.

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

 

Oferta de prazas do centro:

- 25 para 4º EI (3 para NEAE)

- 24 para 5º de EI.

- 19 para 6º EI.

- 18 para 1º EP (3 para NEAE).

- 23 para 2º EP.

- 16 para 3º EP.

- 20 para 4º EP.

- 21 para 5º EP.

- 21 para 6º EP.

 

Calendario do proceso:

CAMPIÓNS E CAMPIONAS DE CAMPO A TRAVÉS

Os alumnos e alumnas do cole participaron o pasado xoves día 19 de xaneiro na final comarcal de campo a través e demostraron ser grandes atletas.

Mirade que bos postos acadaron na clasificación:

BENXAMÍN FEMININO: 2ª Érika Domínguez Pires.

BENXAMÍN MASCULINO: 1º Adrián Gregorio Talaykite e 7º Richard Piños Vojteskova.

ALEVÍN FEMININO: 2ª Laura Soto Mosquera e 6ª Lucía Barreiro Vidal.

ALEVÍN MASCULINO: 4º Oier Galán Candelas.

INFANTIL FEMININO: 2ª Eliskas Piños Vojteskova.

INFANTIL MASCULINO: 3º Andoni Vázquez Sánchez

FELICITACIÓN DE NADAL

A comunidade educativa do cole de Leiro deséxavos un Nadal cargado de ilusións de neno e alegrías de adulto.

E, que mellor maneira de desexárvolo, que cunha imaxe froito da montaxe das postais dos/as máis cativos/as do colexio.

Para todos vós...BO NADAL!

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Tódolos nenos e nenas crearon fermosas postais de Nadal que foron obxecto de concurso.

A verdade é que a elección das gañadoras foi moi difícil, pois o nivel era moi alto.

Finalmente, o resultado foi o seguinte:

- Educación Infantil: Nerea (5 anos).

- 1º e 2º Educación Primaria: Richard (2º).

- 3º e 4º Educación Primaria: Silvia (5º).

- 5º e 6º Educación Primaria: Eliskas (6º)

Distribuir contido


by Dr. Radut