Skip to Content

Responder ó comentario

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-2018

Marco normativo que rexe o procedemento:

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro.

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

 

Oferta de prazas do centro:

- 25 para 4º EI (3 para NEAE)

- 24 para 5º de EI.

- 19 para 6º EI.

- 18 para 1º EP (3 para NEAE).

- 23 para 2º EP.

- 16 para 3º EP.

- 20 para 4º EP.

- 21 para 5º EP.

- 21 para 6º EP.

 

Calendario do proceso:

- Presentación das solicitudes de admisión do día 1 ó día 20 de marzo (no centro ou telematicamente).

- Publicación da lista provisional de admitidos/as e excluídos/as o día 24 de abril (taboleiro de anuncios do centro).

- Reclamacións á lista provisional: 5 días hábiles contados a partir do día 24 de abril (no centro).

- Publicación da lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as o día 12 de maio (taboleiro de anuncios do centro).

- Formalización de matrícula do día 20 ó día 30 de xuño (no centro).

 

Aspectos importantes a ter en conta:

- Toda solicitude de admisión entregada a partir do día 21 de marzo deberá cursarse como "fóra de prazo", polo que o procedemento será diferente ó ordinario.

- Toda matrícula formalizada a partir do día 30 de xuño deberá cursarse como "fóra de prazo", polo que o procedemento será diferente ó ordinario.

- A reserva de praza nun centro educativo é vinculante, polo que para renunciar a ela debe facerse por escrito antes do día 1 de marzo.

- No caso de proxenitores separados, deberase entregar no centro o convenio regulador e toda a documentación deberá estar asinada polo pai e a nai (patria potestade compartida).

- No caso de solicitar praza de Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE), estas deberán acreditarse cos informes médicos correspondentes.

 

NOVIDADE: Incorpórase a sede electrónica (www.edu.xunta,es/admisionalumnado), na cal as familias poderán cubrir as solicitudes de admisión telematicamente, sen necesidade de facelo no centro con impresos.

 

PARA SOLICITAR MÁIS INFORMACIÓN OU COMPLETAR O PROCESO, PODES ACUDIR Ó CENTRO EN HORARIO DE 9:30 A 10:30 DE LUNS A VENRES (horario de dirección) OU CHAMAR Ó TELÉFONO 988488178 EN HORARIO DE 9:30 A 15:30 DE LUNS A VENRES.

 

 

 

Responder



by Dr. Radut