Skip to Content

XOGANDO COS MAIORES NO SALGUEIRAL

Poucos días antes do remate do curso, pequenos/as e maiores puideron desfrutar dunha mañá de xogos á beira do río.

Foi unha actividade organizada conxuntamente coa residencia de maiores Querqus na que os nenos/as o pasaron en grande xogando a diferentes xogos de balón, paracaídas...e na que os maiores se convertiron en monitores/as e compañeiros/as de diversión.

 

(Ver fotos na galería dentro do album "Varios")

HORARIO DE VERÁN DO CENTRO

A partir do xoves día 23 de xuño e ata o venres día 8 de xullo (ámbolos dous incluídos), o centro permanecerá aberto entre as 10:30 e as 13:00 horas.

Só pechará o venres 24 de xuño por ser festivo autonómico (San Xoán) e o mércores 29 de xuño por ser festivo local (San Pedro).

No mes de setembro abrirase dende o xoves día 1 e os nenos/as comezarán as clases o luns día 12.

No periodo de peche, para calquera consulta podedes enviar un correo electrónico ó enderezo: ceip.emilia.pardo.leiro@edu.xunta.es e este será respostado á maior brevidade posible.

ENTREGA DE NOTAS E FESTIVAL DE FIN DE CURSO

A ENTREGA DE NOTAS FARASE O VINDEIRO MARTES DÍA 21 DE XUÑO. OS PAIS/NAIS/TITORES DEBERÁN VIR RECOLLER AS NOTAS DOS ALUMNOS/AS A CADA TITORÍA ENTRE AS 14:30 E AS 15:15 HORAS.

INSTRUCCIÓN 1/2016 SOBRE FUNCIONAMENTO DE COMEDORES ESCOLARES PARA O CURSO 2016-2017

Para ser beneficiarios/as do servizo de ocmedor escolar, cada familia deberá entregar na dirección do centro o ANEXO ll "Modelo de Autodeclaración e Espeificacións" que foi enviado polo seu fillo/a.

Só será necesaria a cumprimentación dun impreso por unidade familiar, incluíndo nel a tódolos/as menores escolarizados/as neste centro educativo.

O cálculo do importe a pagar por día de servizo (ou gratuidade se é o caso) farase a partir da Renda do exercicio 2015.

PROBANDO COMIDAS DOUTROS PAÍSES

Na primeira edición de cociña internacional, os nenos/as puideron degustar burritos de México elaborados con tortas de millo e carne de porco.

Na segunda edición, foi o turno do sushi de Xapón, e aínda que a acollida non foi boa, os/as comensais que se animaron probaron un sushi especialmente feito para nenos a base de salmón e palitos de cangrexo cocidos, cenoria e arroz (ver imaxe).

E na terceira e última edición, será o turno de Italia, onde se cociña unha rica lasaña de carne de tenreira que os alumnos/as poderán probar.

Distribuir contido


by Dr. Radut