Skip to Content

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os vindeiros días 24 e 25 de maio levarase a cabo nos centros de toda Galicia a Avaliación Individualizada de 3º curso de Educación Primaria, do mesmo modo que en cursos pasados.

Esta farase dentro do horario lectivo de cada colexio e non afectará o funcionamento normal das clases.

Nela avaliarase a competencia en comunicación lingüística e matemáticas do alumnado.

 

(Adxúntase carta de información ás familias)

ÍMONOS DE EXCURSIÓN MAÑÁ DÍA 20!

Mañá venres, día 20 de maio, imos de excursión ó Museo Casa do Patrón, situado en Doade (Lalín-Pontevedra).

A esta excursión acudirán tódolos alumnos/as de Educación Infantil e Primaria e a totalidade de mestres/as do centro, polo que este permanecerá pechado.

Se precisades vir por aquí, por favor facédeo o luns.

A saída será ás 9:30 horas e a volta ás 15:30 horas.

(Os nenos/as que non participen na excursión deberán quedar na casa)

Para máis información, a páxina web do museo é: http://museoetnografico.net/

LETRAS GALEGAS

E tamén celebramos o Día das Letras Galegas no cole!

Diferentes murais e debuxos adornan as entradas ós edificios principais. Estes dannos a coñecer ó autor homenaxeado este ano, Manuel María.

A súa biografía e obra foi ademáis traballada nas aulas a través de actividades variadas.

(Ver galería)

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o Día do Libro, ó longo de varios martes do mes de abril, levamos a cabo diferentes actividades que xiraron en torno ó conto "La oruguita glotona".

A profe Montse contounos esta historia dun modo extraordinario (encantounos) e logo cada neno/a elaborou o seu propio libro sobre ela escribindo, coloreando, pegando diferentes materiais...

E tamén participamos nun photocall que nos converteu en Don Quixote e Sancho Panza para celebrar os 500 anos da morte do seu autor.

(Ver galería)

VIDEOCONFERENCIA SOBRE ENERXÍA NUCLEAR

O pasado luns día 9 de maio, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria probaron a experiencia de falar por videoconferencia con iguais de Turquía, os/as cales lle explicaron en inglés diferentes cousas sobre enerxía nuclear.

Distribuir contido


by Dr. Radut