Skip to Content

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

 

O venres 1 de abril festexamos no centro -cun pouco de retraso debido ó mal tempo- o Día da Árbore e da Auga.

Logo de traballar os contos "Dona Pinga e Don Carballo fan amizade", prantamos no patio do centro unha árbore chamada "Daniel", nome que saiu elixido ó azar entre tódolos propostos polos nenos e nenas.

Ver fotos

Día da Poesía

Para conmemorar o Día da Poesía, coa colaboración da Biblioteca Municipal de Leiro, desfrutamos no centro dun contacontos na última sesión da mañá do xoves 31 de marzo.

Ver Fotos

PRAZAS VACANTES

Aínda que o prazo ordinario de reserva de praza para o vindeiro curso rematou, no centro segue habendo vacantes en tódolos cursos, polo que calquera nai/pai poderá inscribir ó seu fillo/a.

Un alumno do colexio, campión do clásico torneo de xadrez de Barrocás.

Durante os días 26 e 27 de decembro celebráronse as xornadas para as categorías sub-8 e sub-10 do coñecido torneo de xadrez, que se celebra cada ano nos locais da Asociación de Veciños de Barrocás dende hai 31 anos. O noso compañeiro logrou vencer na categoría sub8, ante a oposición de fortes rivais, moito máis acostumbrados a ocupar os postos de podio. Noraboa!

Postais de Nadal

Con motivo do remate do trimestre, celebrouse no colexio un concurso de postais. Pódense ver neste enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut