Skip to Content

Festival de nadal

Con motivo das vacación de nadal, celebráronse dous eventos no colexio. O xoves antes das vacacións, acudiron veciños de Leiro a interpretar cancións populares para o alumnado. O venres, foron os alumnos e as alumnas os que demostraron as súas habilidades no escenario.

Pincha aquí para ver as fotos.

Estamos preparando uns vídeos para que poidades todos ver o ben que o fixeron.

Paseo de Halloween

Coma o día de Halloween non hai clase este ano, o día 30 sairemos a buscar caramelos por Leiro. Os que non nos dean levarán un bo susto!

Iremos cantando esta canción, xa podedes ensaiar.

Viaxe ó Gaiás

O pasado venres, 11 de outubro o alumnado do centro desprazouse a Santiago de Compostela para visitar a exposición adicada ó Orinoco que se atopa aberta ó público no monte Gaiás. Aproveitamos deste modo para ver a cidade da cultura.

Na exposición puideron ver dende os instrumentos musicais que utilizan as tribus do Orinoco ata as armas que utilizan para cazar, pasando por todo tipo de utensilios.

Ó final da visita, tiveron a oportunidade e fabricar os seus propios adornos indíxenas con plumas e todo.

Comeza o curso!!!

Seguro que xa estabades cansados de tantas vacacións!

Boas vacacións!

Por fin chegaron as vacacións! Pasade un bo verán (estudiade un pouco, sobre todo os que suspenderon)

Para que vos entreteñades un pouco deixamos un par de videos:



Distribuir contido


by Dr. Radut