Skip to Content

O magosto

O pasado venres, 9 de novembro, celebrouse o magosto no colexio. Despois dunha dura xornada de estudo, o alumnado puido desfrutar dunha tarde lúdica entre chourizos, castañas e carbuzos.

Ver fotos

Encontro xadrecístico co colexio Luis Vives

O noso equipo de xadrez viviu esta apasionante xornada de xadrez, na que compartiron unhas horas cos nenos e as nenas do equipo do colexio Luis Vives. O próximo curso xa nos citamos para ver se lle damos a volta ó resultado, xa que os visitantes gañaron por un resultado de 23 e medio a 12 e medio. Como se pode ver no cadro de resultados, os nosos xogadores e xogadoras conseguiron gañar algunhas das partidas aínda que non dispuxeron de adestramentos habituais.

Clasificación

Foto

Teatro en Bande

Grande éxito da obra representada polos nosos alumnos e alumnas no audiotorio de CEIP Xaquín Lourenzo, en Bande. Ademais, houbo tempo suficiente para facer amigos entre os alumnos e as alumnas do outro colexio.

Ver a primeira parte

Ver a segunda parte

Falando con Francia


O luns non puido ser, xusto coincidiu unha gran tormenta no sur de Francia que inhabilitou Internet no colexio dos nosos socios europeos. Esta mañá sí que puido ser. Varias parellas voluntarias formadas por alumnos e alumnas do segundo e do terceiro ciclo fixeron un primeiro intercambio cos socios franceses. Tamén cinco parellas. Preguntáronse os nomes, as súas cores preferidas, as súas asignaturas preferidas.

Grazas ó moito que practican o inglés os nosos alumnas e alumnas entendéronse perfectamente cos alumnos e as alumnas francesas. Ó final, eles ensináronnos algunhas palabras en francés e nós ensinámoslles algunhas en español.

Distribuir contido


by Dr. Radut