O alumnado do colexio amosou os disfraces que tanto traballo lles deu preparar polas rúas de Leiro. Parouse un ratiño na praza para que os viandantes puidesen admirar o colorido dos seus traxes e bailar coa música, parte do CD, e parte dos profesores que levaban algún instrumento.
O día 4 de marzo, venres, celebraremos o entroido no Colexio. Ás 12:00 disfrazaremos aos nenos e ás nenas e, sobre as 12:30 sairemos ata a praza de Leiro. Alí estaremos un tempo e voltaremos para comer. Pola tarde, sobre as 14:45, desfilaremos ata o patio de deportes. Os familiares que acudan recibiranos arriba, no patio.
Esperamos que sexa un día agradable. Esperámolos, quedan convidados.
As nenas do colexio trataron de quitarlle os compadres ós nenos. Só conseguiron atrapar o de infantil de 4 e 5 anos e o de primeiro ciclo, os outros salváronse.