Skip to Content

O festival de Nadal

O 21 de decembro celebrouse no centro o festival do Nadal, no que participou, con diversas actuacións musicais, todo o alumnado.

Pódense ver as fotos neste enlace.

Celebrando o día da Paz

Xusto antes da hora da comida, o alumnado do colexio reuniuse no patio para comprobar que non en todos os xogos hai gañadores e perdedores. Tamén hai xogos nos que sempre gañan todos, e nos que non hai pelexas porque un marcou facendo trampas... Ademais, deste modo xogaron todos xuntos, desde infantil ata sexto.

Aquí están as fotos

Próximamento, o vídeo

Festival de Nadal

21/12/2010 10:37
Etc/GMT+1

 

As familias que o desexen están invitadas a asistir ó festival que se celebrará no colexio con motivo do Nadal a partir das 14:30 horas do día 21 de decembro.

O día 22 pola mañá estarán os titores e as titoras dispoñibles para entrevistarse coas familias e comentar os resultados da primeira avaliación.

As clases reanudaranse o 10 de xaneiro de 2011.

Felices festas!

Ver as fotos

Campo a través en Ribadavia

A chuvia convertiu o campo de fútbol de Ribadavia nunha pista de patinaxe, pero non impediu que o alumnado desfrutara dunha agradable xornada e acadase, ademais fantásticos resultados nas carreiras

6, 7 e 8 de decembro non lectivos

Os seguintes días non son lectivos, e o centro permanecerá pechado:

- 6 de decembro: Día da Constitución.

- 7 de decembro: Día do Ensino.

- 8 de decembro: Día da Inmaculada.

 

As clases reanudaranse o día 9 de decembro

Distribuir contido


by Dr. Radut