Skip to Content

O SAMAÍN NO COLE DE LEIRO

O venres día 28 de outubro celebramos o Samaín no cole.

Pola mañá, tódolos nenos e nenas visitaron a residencia de maiores Querqus e alí, os alumnos/as de 5º e 6º representaron a obra de teatro "Corre corre cabaciña!" e de volta, elaboraron nas clases macabros pero saborosos postres.

Pola tarde, alumnos, alumnas, mestres e mestras poideron degustar estes postres tan ricos que bautizaron como: "Pócima de bruxa" (Infantil), "Ollos espelucnantes" (1ºe 2º), "Cabeciñas" (3º e 4º) e "Dedos de morto" e "Bocas monstruosas" (5º e 6º).

 

(Ver galería de imaxes)

CHEIRA A SAMAÍN

No colexio de Leiro xa cheira a Samaín, e se non que lle pregunten a Mauro por qué pon esa cara tan terrorífica!

 

 

 

 

Que teremos preparado para venres?

"DE LOS CUENTOS A LAS CUENTAS"

O mércores día 26 de outubro, os/as alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria poderán desfrutar da obra de teatro "De los cuentos a las cuentas" que se representará no Auditorio de Ourense dentro das actividades da Fundación Caixa Nova.

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O vindeiro martes día 27 de setembro celebrarase a reunión de comezo de curso coas familias do alumnado de Educación Primaria.

Será ás 15:30 horas na aula de informática (Pavillón A).

Prégase asistencia.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016-2017

O listado definitivo de libros para este curso, ademáis de contar con el nas librarías da zona, está exposto no taboleiro de anuncios do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut