Skip to Content

O SAMAÍN NO COLE DE LEIRO

O venres día 28 de outubro celebramos o Samaín no cole.

Pola mañá, tódolos nenos e nenas visitaron a residencia de maiores Querqus e alí, os alumnos/as de 5º e 6º representaron a obra de teatro "Corre corre cabaciña!" e de volta, elaboraron nas clases macabros pero saborosos postres.

Pola tarde, alumnos, alumnas, mestres e mestras poideron degustar estes postres tan ricos que bautizaron como: "Pócima de bruxa" (Infantil), "Ollos espelucnantes" (1ºe 2º), "Cabeciñas" (3º e 4º) e "Dedos de morto" e "Bocas monstruosas" (5º e 6º).

 

(Ver galería de imaxes)



page | by Dr. Radut