Skip to Content

OBRADOIRO DE GALLETAS

O pasado martes día 20 de decembro, as colaboradoras de comedor Sonia e Conchita, xunto con Maite a cociñeira, organizaron un obradoiro de galletas no que grandes e pequenos/as desfrutaron entre masas e fogóns.

Puideron elaborar tres tipos diferentes de galletas que logo degustaron como postre do xantar.

O resultado foi rico rico!.

 

(Ver imaxes na galería)

ÚLTIMOS DÍAS DO 1º TRIMESTRE: ORGANIZACIÓN

LUNS DÍA 19 DE DECEMBRO: Entrega de notas ós/ás alumnos/as.

MARTES DÍA 20 DE DECEMBRO: Titoría de pais/nais de 15:30 a 16:30 horas. Poderán acudir a ela, sen cita previa, as familias que así o desexen. Cada mestre/a titor/a recibirá na súa aula.

MÉRCORES DÍA 21 DE DECEMBRO: Festival de Nadal no ximnasio do centro ás 11:30 horas. Terá unha duración aproximada de 1 hora e están tódolos familiares convidados.

Ese día adiantaranse a hora do xantar e de saída, que serán ás 13:00 e ás 13:30 horas respectivamente.

OBRADOIRO DE RECICLAXE

O pasado martes 29 de novembro, todo o alumnado do centro participou nun obradoiro de reciclaxe impartido por persoal de Sogama.

Ademáis de aprender os diferentes tipos de residuos que producimos e a forma de separalos e reciclalos, tamén puideron desfrutar con diferentes xogos e manualidades que fixeron con materiais reciclados.

 

 

(Ver imaxes na galería)

CHARLA SOBRE ACUICULTURA ECOLÓXICA

O martes día 15 de novembro, tódolos alumnos/as e mestres/as de Educación Primaria puideron aprender moitas cousas sobre acuicultura ecolóxica e degustar ricos produtos procedentes dela grazas a unha charla impartida polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

E ademáis facerse famosos/as! Pois foron gravados/as pola TVG.

Podedes ver a reportaxe na seguinte ligazón: http://www.crtvg.es/informativos/os-rapaces-do-colexio-de-leiro-aprenden-a-identificar-os-alimentos-ecoloxicos-1

É TEMPO DE OUTONO, É TEMPO DE MAGOSTO

E para festexar a chegada do outono...que mellor maneira que organizar un magosto?...pois así fixemos!

O venres día 11 de novembro, ademáis de saborear un xantar típico desta festa a base de empanada, chourizos asados e tarta de galleta, puidemos probar as castañas asadas e enzoufar as caras coa borralla grazas ó lume.

Vaia tarde máis divertida!

 

(Ver galería de imaxes)

Distribuir contido


by Dr. Radut