Skip to Content

INSTRUCCIÓN 1/2016 SOBRE FUNCIONAMENTO DE COMEDORES ESCOLARES PARA O CURSO 2016-2017

Para ser beneficiarios/as do servizo de ocmedor escolar, cada familia deberá entregar na dirección do centro o ANEXO ll "Modelo de Autodeclaración e Espeificacións" que foi enviado polo seu fillo/a.

Só será necesaria a cumprimentación dun impreso por unidade familiar, incluíndo nel a tódolos/as menores escolarizados/as neste centro educativo.

O cálculo do importe a pagar por día de servizo (ou gratuidade se é o caso) farase a partir da Renda do exercicio 2015.

Se se autoriza a consulta de datos fiscais por parte da Administración Educativa, non será preciso adxuntar ningún documento, pero no caso de non autorizala, deberase entregar un xustificante da declaración feita ou da exención de facela.

Os impresos poderán entregarse no centro (ou envialos polos alumnos/as) debidamente cumprimentados e asinados, preferentemente entre os días 15 de xuño e 8 de xullo de 2016, co fin de facilitar a organización do curso.

(Para facer calquera consulta sobre este tema, o horario de dirección é de 9:15 a 10:15 horas de luns a venres).



page | by Dr. Radut