O pasado venres día 6 de xuño, todo o alumnado e profesorado do cole puxemos rumbo á zona de Mondariz.
Alí puidemos visitar o Castelo de Sobroso, unha construcción con moito encanto e maxia que nos encantou e dende a cal puidemos desfrutar dunhas vistas impresionanates, o Balneario de Mondariz, onde saboreamos no Palacio da Auga unha auga un tanto especial, e tamén tivemos tempo de xantar e xogar nun fermoso parque ó pé do río.
O malo é que o bo pronto remata e, aínda que tristes por deixar uns lugares tan bonitos atrás, tivemos que coller de novo rumbo a Leiro. Eso si, pensando xa a onde ir o curso vindeiro.
(Ver imaxes na galería)