O pasado xoves, 5 de xuño, o alumnado de 4º saímos a visitar Lira e o Ézaro. A saída tivo lugar ás 10:00 h.
Cando chegamos dividímonos en 3 grupos e a nós tocounos, primeiro, con Reme, unha mariscadora de Lira. Comentounos como era antes o porto. Despois tivemos a sorte de visitar o museo da cofradía de Lira e tamén a lonxa.
Despois fomos con Lara a facer Ciencias mariñas: mesturamos auga doce e salgada, explicounos o porqué da forma das cunchas, outros experimentos sobre o clima e a presión atmosférica e, por último, outro moi interesante para entender a diferencia de temperatura entre o Ecuador e os Polos. Logo ensinounos un miniacuario onde había variedade de especies mariñas.
Fixemos unha pausa para merendar e, a continuación, tocounos con Rita con quen puidemos disfrutar co xogo Tragapeixes.
Para chegar ao parque onde iamos a comer, fixemos unha ruta coas monitoras xogando a buscar o Tesouro dos Miñarzos. Había que seguir as indicacións das pistas que aparecían en distintos sitios e así, pouco a pouco, conseguimos atopalo: ¡Un cofre cheo de pegatinas!
Comemos e marchamos para o Ézaro. Alí visitamos o museo da Electricidade, onde disfrutamos dun video e cubrimos un cuestionario que nos prepararon os profes. Ata tivemos sorte que á saída o encargado do museo agasallounos cun chupa.
Por último contemplamos a fermosísima cascada do Ézaro e chegamos de volta ás 19:15 h.
Pasámolo moi ben. ¡Un estupendo fin de curso!
O alumnado de 4º