Esta semana veu Pepe Maestro á nosa escola a falarnos do seu libro El circo de Baltasar, e doutros que publicou, como Epaminondas.
Tamén nos contou que antes de ser escritor traballara nun circo e nunha granxa-escola. Na granxa había un can de tres patas, que logo aparece nun dos seus libros. Todo isto contouno dun xeito moi gracioso e fíxonos rir a todos. Pasámolo moi ben.
Para despedirse asinounos exemplares do seu libro.
Alba, Irene R. e Jessica Pardo