Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 2º TRIMESTRE 2022/2023

Xuntamos menús correspondentes ao 2º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

RESERVA PRAZA ALUMNADO CURSO 2023-2024

Teñen que facer solicitude de permanencia de praza o alumnado deste centro que vai continuar os seus estudos aquí para o curso seguinte, ou reserva de praza para alumnado de centros adscritos, (EEI dos Ánxeles - EEI de Sabaxáns).

Tamén deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.

PERIODO DE RESERVA DE PRAZA:  Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

Documentación:

 - ANEXO I para cumprimentar a reserva o alumnado de centros adscritos, (Escolas unitarias e Alumnado de 6º)

 - Documento de solicitude de reserva para o propio alumnado do centro (enviouse a través do alumnado ás familias).

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA NADAL

Dende a biblioteca do CEIP Pedrouzos enviamos unhas recomendacións de libros para o Nadal. Unha aperta e boas festas.

BADALADAS 2022!!

Prezadas familias: O vindeiro xoves 22 de decembro, último día deste trimestre, celebraremos no centro unha festa para todo o alumnado simulando as "BADALADAS de FIN de ANO" e tomando as uvas (que substituiremos por gusanitos). Os rapaces e as rapazas que queiran, poderán vir vestidos/as de xeito elegante para dita celebración. Ademáis faremos unha chocolatada e tomaremos rosca para acompañar. Tendo en conta sempre as alerxias e intolerancias alimentarias. Para rematar, todos e todas gozaremos dunha sesión de baile.

PASÁDEO BEN E QUE TEÑADES UNHAS BOAS FESTAS DE NADAL.

EQUIPO DE ACTIV. EXTRAESCOLARES. 

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2022

Logo da votación para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR e do Claustro do centro, fánse públicas as candidaturas elexidas.

CANDIDATURAS ELEXIDAS PAIS E NAIS:

  • Blanco Bonjour, Andrea
  • Rodríguez Vázquez, María José
  • García Otero, Jesús
  • Tembra Piñeiro, Ana Isabel

CANDIDATURAS ELEXIDAS CLAUSTRO DE PROFESORADO:

  • Vidal Puga, Mª del Pilar
  • García Blanco, Mª del Carmen
  • Castro Díez, Eva
  • Fernández Fuentes, Victor Manuel
  • Signiorini Míguez, Carlos

Poden consultarse os resultados da votación no taboleiro do centro.

DIRECCIÓN

A BIBLIOTECA ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS.

E por fin... Chegou o día... A biblioteca abriu as súas portas...

Hoxe visitounos para a inauguración Sonia Blanco que veu a presentarnos "A pedra vermella" para os máis pequenos e pequenas do colexio!

   

   

Convócanse eleccións para renovar a Xunta Directiva da ANPA Andaravía

A ANPA Andaravía convoca eleccións para renovar a súa Xunta Directiva. O regulamento que rexe o proceso está dispoñible para consulta no taboleiro do centro e pode descargarse nesta ligazón, pero resumímosvos aquí a información fundamental:

1. Elixiranse un máximo de 15 persoas para formar parte da Xunta Directiva da ANPA Andaravía para os cursos 22-23 e 23-24.

2. Todas as persoas socias que estean ao corrente do pagamento dos recibos da ANPA poden participar, como candidatas e como votantes.

3. Para facer efectivo este dereito, deberán asegurarse de figurar no censo electoral que xa está publicado no taboleiro de comunicados do CEIP de Pedrouzos. Calquera reclamación sobre o censo pode enviarse ao correo andaravia.anpa@gmail.com, antes do 30 de novembro.

4. As persoas que desexen presentar a súa candidatura á Xunta Directiva, poderán facelo antes do día 9 de decembro a través deste formulario.

5. No caso de que haxa menos de 15 persoas candidatas, proclamarase automaticamente como xunta directiva e darase por finalizado o proceso electoral.

6. No caso de que haxa máis de 15 persoas candidatas, haberá votacións o día 16 de decembro no CEIP de Pedrouzos.

En calquera caso, antes do Nadal comunicarase ás familias socias a constitución da Xunta Directiva e o reparto de responsabilidades.

Distribuir contido


by Dr. Radut