Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS CURSO 2022/2023

Faise público a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos para 1º de primaria.

Pódese consultar no taboleiro do centro.

DÍA DE ROSALÍA

 

 

 

Hoxe, 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía cunha ampla actividade no Ceip Pedrouzos; un mural co seu retrato, a plantación de pensamentos e a recreación “As árbores de Rosalía” coa súa biografía e os seus versos.

 O alumnado de 6º de primaria fixo unha andaina dende o Rubial ata Bastavales donde posteriormente participou na homenaxe realizada no adro da Igrexa de Bastavales organizada polo Concello de Brión.

 

Acceso á galería de imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 As árbores de Rosalía decoran toda a escola cos seus versos....

 e o alumnado prantando as "plantas de Rosalía", os pensamentos...

 

 

ADMISION ALUMNADO CURSO 2022/23

Todo o alumnado das escolas adscritas (EEI dos Ánxeles, EEI de Sabaxáns), e alumnado do propio centro que fixo a reserva para primeiro de primaria no próximo curso, foille adxudicada praza.

Deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, SO O ALUMNADO NOVO NO CENTRO.

Lembren estar pendentes da información en web, xa que nesas datas e atendendo as instruccións da Consellería, deberán formalizar, (se o precisan),  a solicitude de Servizos Complementarios (Transporte e Comedor).

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022 - 2023

O 1 DE MARZO, abreu o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2022-23 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 ata o 21 de marzo do 2022

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Poden descargarse os impresos accedendo a súa web dende o 1 de marzo, e tamén estarán a disposición das familias no propio centro a partir do 3 de marzo.

 

HORARIO DE ATENCIÓN EN CENTRO:  - Todos os días de 10:00 a 13:30h.

                                                                - Luns 15:45h a 17:00h

No caso de non poder acceder neste horario, poden chamar ao centro para solicitar cita.

ENLACE WEB ADMISIÓN

Documentación Admisión:

   - DNI dos pais, do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.

   - Libro de familia onde figuren todo os membros da unidade familiar.

   - Tarxeta sanitaria do alumno/a.

   - Folla de empadroamento actualizado de toda a unidade familiar.

   - Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

   - Carnet ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede.

   - Xustificante de concurrencia de minusvalía do alumno/a a matricular, pais/nais, titores/as legais ou irmáns.

*De toda a documentación relacionada (salvo a folla de empadroamento), deberán traer as fotocopias feitas xunto cos documentos orixinais para poder proceder ao cotexo dos mesmos.

INFORMACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 21 DE FEBREIRO DE 2022

Infórmase que no Consello Escolar Extraordinario do 21 de febreiro de 2022, apróbanse as contas do Centro e Comedor Escolar correspondentes ao exercicio do 2021.

A Dirección.

OS MANDADOS DO ENTROIDO

Estes son os mandados da próxima semana!!

Lembrade que todo o "atrezzo" que nos poñamos, non pode interferir co uso da máscara ou as normas de seguridade.

 

Animádevos a participar!!

Enquisa sobre o Proxecto Educa Bonito.

Prezadas familias,

A ANPA Andaravía pídevos que, por favor, adiquedes uns minutos antes do día 4 de febreiro a cubrir unha breve enquisa sobre a proposta da experta en disciplina positiva María Soto, de Educa Bonito, para o noso centro. En función do que digades, explorará a posibilidade de poñelo en práctica ou non e, tamén, poderá valorar os prazos e os custos máis acaídos para a nosa comunidade educativa.

Pulsa aquí para cubrir o formulario

https://forms.gle/S63RhyBVcRfcE4Sz6

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 2º TRIMESTRE 2021/2022

Xuntamos menús correspondentes ao 2º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

Faladoiro Presentación Plan de Convivencia EDUCA BONITO

 

Temos a ledicia de comunicar que o próximo luns 17 de Xaneiro ás 18.00h, terá lugar o faladoiro de presentación do Plan de Convivencia Escolar EDUCA BONITO.

 

Trátase dunha xuntanza ON-LINE organizada polo ANPA, na que contaremos coa experta en Disciplina Positiva, María Soto, que nos compartirá en qué consisten as accións formativas que inclúe o Plan, dirixidas tanto a familias coma docentes. 

 

O propósito do Plan é aportar ferramentas educativas baseadas nas últimas evidencias científicas, que nos axuden no noso día día na educación das nosas fillas e fillos. Ferramentas que se poden empregar tanto nas aulas como na casa. A intención é ofrecer á comunidade do centro recursos compartidos para que as rapazas e rapaces poidan medrar nun ambiente de equilibrio, no que se teñan en conta todas as sensibilidades e necesidades dos seus membros, e deste xeito, todas as persoas que forman parte da "familia" do colexio, poidan atopar o seu lugar para aportar, construir e disfrutar desta etapa tan importante.

 

Deixamos en arquivos adxuntos a información do Plan con detalle. Poderedes acceder a través da plataforma ZOOM facendo clic neste enlace .

 

O acceso é de balde. Terá unha duración de unha hora, máis uns 15 minutos nos que poderemos tratar en aberto as cuestións que queirades preguntar.

 

Agardamos que sexa de utilidade para vos!

 

Saúdos!

 



RESERVA PRAZA ALUMNADO CURSO 2022-2023

Teñen que facer solicitude de permanencia de praza o alumnado deste centro que vai continuar os seus estudos aquí para o curso seguinte, ou reserva de praza para alumnado de centros adscritos, (EEI dos Ánxeles - EEI de Sabaxáns).

Tamén deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.

PERIODO DE RESERVA DE PRAZA:  Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

 

Documentación:

 - ANEXO I para cumprimentar a reserva o alumnado de centros adscritos, (Escolas unitarias e Alumnado de 6º)

 - Documento de solicitude de reserva para o propio alumnado do centro (enviouse a través do alumnado ás familias).

Distribuir contido


by Dr. Radut