Temos a ledicia de comunicar que o próximo luns 17 de Xaneiro ás 18.00h, terá lugar o faladoiro de presentación do Plan de Convivencia Escolar EDUCA BONITO.
Trátase dunha xuntanza ON-LINE organizada polo ANPA, na que contaremos coa experta en Disciplina Positiva, María Soto, que nos compartirá en qué consisten as accións formativas que inclúe o Plan, dirixidas tanto a familias coma docentes.
O propósito do Plan é aportar ferramentas educativas baseadas nas últimas evidencias científicas, que nos axuden no noso día día na educación das nosas fillas e fillos. Ferramentas que se poden empregar tanto nas aulas como na casa. A intención é ofrecer á comunidade do centro recursos compartidos para que as rapazas e rapaces poidan medrar nun ambiente de equilibrio, no que se teñan en conta todas as sensibilidades e necesidades dos seus membros, e deste xeito, todas as persoas que forman parte da "familia" do colexio, poidan atopar o seu lugar para aportar, construir e disfrutar desta etapa tan importante.
Deixamos en arquivos adxuntos a información do Plan con detalle. Poderedes acceder a través da plataforma ZOOM facendo clic neste enlace .
O acceso é de balde. Terá unha duración de unha hora, máis uns 15 minutos nos que poderemos tratar en aberto as cuestións que queirades preguntar.
Agardamos que sexa de utilidade para vos!
Saúdos!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PLAN DE CONVIVENCIAG 2022.pdf | 15.89 MB |