Skip to Content

blogue de_Voz Natura

Melloras no muro

Fagamos a entrada agradable, veremos a xornada que nos espera de forma optimista.

E así foi como nos puxemos a adecentar na medida do posible o muro da entrada ao centro, polo que necesariamente pasa toda a comunidade escolar para acceder ao centro.

Primeiro mellorouse o verde, as plantas e viuse que non era suficiente.

Logo, cun esforzo económico importante e coa axuda de persoal do concello,  blanqueouse.

Pero, como unha cousa chama a outra, tivemos que poñer goteo en toda a zona para irrigar toda a plantación.

Premendo na imaxes poderemos acceder á galería completa do muro.

Antes Despois

Case unha horta

E xa postos, podemos sacarlle producto ao terreo.

Uns tomates, unhas fabas, unhas leitugas, perexel.

Xa non nos conformamos con mellorar o entorno, queremos producir!!!!!!!

Xurde así un primeiro ensaio, que entre bromas e chistes sería o xerme do actual invernadoiro.

Nun pequeno terruño esquecido e maltratado, fixemos a primeira plantación que dou os primeiros foitos: tomates

Antes Despois
 

Premendo nas imaxes accédese á galería do muro e da horta

Inxertos

A mini horta deu a súa primeira colleita, pero, poderiamos ter frutos no colexio?

No patio de primaria temos unha pereira brava. Seguramente, enxertándoa....?

Pois xa está feito. Un pai e un veciño dun alumno de 6º acudiron prestos a chamada.

Na galería dos inxertos podemos ver a evolución completa do proceso. Seguramente no próximo verán xa teremos os primeiros resultados.

Premendo na imaxe poderemos acceder á galería de inxertos:

Hoxe a lección correu a cargo dun pai e dun abó.

Poida que todo empezara así...

Alguén pensou que o colexio podía ser doutro xeito. Un lugar máis limpo, atractivo, verde e florido.

E alguén empezou a coidar o patio para intertar facer del un xardín.

Unha flor aquí, arracar unhas herbas alí, recoller papeis acolá.

Dese xeito, case sen querer, envolveunos a todos.

Primeiro no muro,seguiron cos enxertos, logo a necesidade da rega, de seguido os frutais, máis tarde o invernadeiro, e xa veremos onde acaba esto.

A verdade é que estamos empezando, con pasos vistosos e agradecidos e con ilusión para seguir traballando.

Distribuir contido


by Dr. Radut