Alguén pensou que o colexio podía ser doutro xeito. Un lugar máis limpo, atractivo, verde e florido.
E alguén empezou a coidar o patio para intertar facer del un xardín.
Unha flor aquí, arracar unhas herbas alí, recoller papeis acolá.
Dese xeito, case sen querer, envolveunos a todos.
Primeiro no muro,seguiron cos enxertos, logo a necesidade da rega, de seguido os frutais, máis tarde o invernadeiro, e xa veremos onde acaba esto.
A verdade é que estamos empezando, con pasos vistosos e agradecidos e con ilusión para seguir traballando.