Xogade

Pintamos as nosas camisetas...

Os nenos de 1ºA e 1ºB preparáronse para participar nos Xogos de Primavera. Nas horas de plástica, axudados polas súas titoras, deseñaron e pintaron as camisetas dos seus equipos... Que ben o pasaron!!! Mirade que camisetas tan chulis!!

As nosas grandes Olimpiadas!!!

Xa estamos preparados para comenzar o XVII XOGOS DE PRIMAVERA no noso cole. Dende os máis pequenos ata os máis grandes deseñamos os carteis cos equipos participantes e preparamos o noso taboleiro deportivo onde se convocan diariamente os  partidos das diferentes modalidades: brilé, minibasquet, fútbol sala, badminton e xadrez.

Bonito traballo en equipo!!!

Se queres ver o deseño do taboleiro preme aquí.

Móvete!!

Os nenos e as nenas de infantil danvos uns consellos para manter o corpo cheo de enerxía, mirade que ben o pasan eles!!!

 

Preme enriba da imaxe para ampliala.

DIEGO QUINTELA

O martes 8 de abril outro persoeiro deportista da comarca de Arzúa veunos visitar ao centro, Diego Quintela, un fantástico xogador de fútbol sala, que xoga no SANTIAGO FUTSAL.
Para a súa visita quixémolo agasallar cunha sorpresa coas que colaborou a súa nai dándonos en segredo algunha das súas fotos e logo fixémoslle algo especial e único.


 

Para ver máis preme na imaxe

 

 
Foi un placer terte connosco en Primaria



 
e en Infantil
 
 

DIANA COTÓN

O venres día 4 de abril outro persoeiro deportista da comarca de Arzúa veunos visitar ao centro, Diana Cotón, unha fantástica e extarordinaria TRIATLETA
Para a súa visita quixémolo agasallar cunha sorpresa coas que colaborou a súa nai dándonos en segredo algunha das súas fotos e logo fixémoslle algo especial e único.



E se queredes ver máis fotos da rolda de prensa preme na imaxe



E para rematar esta entrada unha foto que amosa un mogollón de sentimentos unha mestra de educación física que se reencontra coa súa alumna, convertida nunha deportista de élite

Marita y Diana

 

A NOSA CAMISETA PARA OS XVII XOGOS DE PRIMAVERA 6ªA

Como todos os nao diseñamos a nosa camiseta de deportes relacionada co tema proposto pola Biblioteca, este ano Os Inventos na Idade Moderna , para o terceiro ciclo.

Para iso primeiro un pequeno tarballo de investigación, e logo facer os debuxos para cada un...un traballo en cadea que ten os seus logros, xa o veredes


Que quedará ...incluindo as nosas mascotas da clase, e como non, a Marela

 

Xaque mateee...

 Xaque mate, afogado, peón, torre... e moitas cousas máis estamos aprendendo nos obradoiros de xadrez que  nos imparte Xosé tódalas tardes despois de comer...

Se queres descubrir como aprendemos xogando pincha aquí...

 

Aquí vos deixo un vídeo de Berni, espero que vos guste!!

 

Deportes paisaxísticos!!

 

 O pasado venres as categorías benxamín e alevín de fútbol sala e minibasquet do Ceip de Arzúa desprazámonos ata o CPI de Touro para xogar a segunda xornada deportiva. Cooperación, deportividade, respecto..., son algúns dos valores que dibuxaron unha paisaxe deportiva similar á do noso cole....

Preme na imaxe e descubre os deportes paisaxísticos!!

Roda de prensa na Festa do Queixo

 

Este ano deron o pregón xóvenes deportista arzuáns, uns con presencia física e outros mediante unha gravación, xa que a súa profesión así llo impedía. iso sí presentados tamén por dous rapaces, un deles do noso colexio.

Falamos de deportistas como Diego Quintela e Diana Cotón, presentes e Óscar Pereiro, Pablo Ínsua e Lolo Penas.

Solicitamos á organización a posibilidade de entrevistalos a sí foi como fomos capaces de falar en directo con eles organizando un equipo de prensa formado por Iris Cisneros. Iris Sanmiguel. Paula, Antía Pardo., Antía Pereira e Fidel.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E con isto xa organizamos á visita ao cole destes dous deportista entrevistados:

 

Toca de novo traballar!!!!

Pablo Ínsua

O martes 25 veu ao noso cole un xogador deportivista de élite, nado en Arzúa.

Para a súa visita quixémolo agasallar cunha sorpresa coas que colaborou a súa nai dándonos en segredo algunha das súas fotos e logo fixémoslle algo especial e único.



 

Tamén nos incluiron na páxina oficial do deportivo, para velo preme na seguinte dirección canaldeportivo.com 

 

E se queres ver máis fotos, moitas máis, preme na imaxe do xogador, xunto coa nosa mascota MARELA

 

 

 

E el agasallounos con momentos moi especiais ademáis dun balón firmado e unha camiseta moi especial

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet