Comedor Escolar

DECRETO 132/2013 POLO QUE SE REGULAN COMEDORES ESCOLARES

Informase da aprobación do Decreto polo que se van a regular os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería, para velo pincha no seguinte enlace

http://www.edu.xunta.es/web/node/10308

 

En setembro, o día 2 continuarase cos trámites posteriores a súa aprobación, tamén publicamos no seguinte arquivo adxunto  a autodeclaración para que poidan descargala e cubrila.

COMEDOR ESCOLAR

Recordamos a toda a comunidade educativa do CEIP de Arzúa que aquel alumnado sen dereito ao Servizo de Transporte que desexe ser usuario do Comedor Escolar, deberá entregar a solicitude de admisión e a declaración da renda do exercicio 2011 antes do 20 de Setembro.


Os requerimentos e documentación están a súa disposición na Secretaría do Centro.


Podedes descargar dende aquí a información para os comensais.

NOTA INFORMATIVA : LIBROS DE TEXTO E COMEDOR ESCOLAR

 PUBLICADAS as correspondentes ordes da Gratuidade de Libros de Texto para o curso 2009-2010 os pais,nais e titores legais poderán cubrir  na rede os formularios de solicitude para entregalos conxuntamente coa documentación correspondente. IGUALMENTE recórdaselles a toda a comunidade educativa do Ceip de Arzúa que aquel alumnado sen dereito ao servizo de transporte que desexe ser usuario do Comedor Escolar deberá entregar a solicitude de admisión e a declaración da renda do exercicio 2008 nos primeiros días de Setembro. Os REQUIRIMENTOS E DOCUMENTACIÓN conforme á derradeira circular  (Instrucción do 29 de maio de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria) que foron remitidos ao alumnado matriculado tamén están a súa disposición na Secretaría do Centro e tamén na ligazón anterior lista para ollar e imprimir (se non teñen o visor PDF pódenno descargar dende aquí

Un saúdo da Dirección do Centro.

 

TOADA A INFORMACIÓN SOBRE O COMEDOR ESCOLAR

Dende esta páxina daremos información ACTUALIZADA sobre os aspectos máis salientables para o servizo de comedor escolar. do CEIP de Arzúa como son a documentación relativa a :

1.- PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO CEIP DE ARZÚA.

2.- INFORMACIÓN PARA OS COMENSAIS(REQUIRIMENTOS E DOCUMENTACIÓN) conforme á derradeira circular (Instrucción do 29 de maio de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).

3.- MENÚS SAUDABLES.

4.- SOLICITUDE DE ADMISIÓN: USUARIOS, COLABORADORAS E COLABORADORES..

 

MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR DE 2009

Poden consultar o menú dende aquí  

 

 

MENÚS SAUDABLES

      Arzúa (A Coruña), 12 de febreiro de 2009

Os comensais do Comedor Escolar do CEIP de Arzúa participarán tamén este ano na campaña de promoción do consumo de produtos do mar, “Uhmm..... peixe!!”

A titular de Pesca, Carmen Gallego Calvar, xunto coas responsables de Educación, Laura Sánchez Piñón, e de Sanidade, María José Rubio Vidal, presentou no CEIP de Arzúa (A Coruña) as actuacións que está previsto desenvolver no marco desta iniciativa ao longo do ano 2009, en concreto entre os meses de febreiro a maio e de outubro a novembro. Ademais participaron xunto cos escolares deste centro, no xantar a base de peixe que se lles ofrece no marco desta iniciativa.        ver máis >>    Os parabéns para a encargada   << Menús saudables

Powered by Drupal - Design by artinet