INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO
INSTRUCCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS
INSTRUCCIÓNS DA XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
ANEXO II: ADMISIÓN DE ALUMNADO
Publicamos a listaxe provisional do alumnado de Educación Primaria que vai recibir libros de texto do fondo solidario.
Lembrámoslles que é unha listaxe PROVISIONAL e que deben agardar á listaxe definitiva que se publicará na vindeira semana.
Nesta listaxe, publícase a relación de libros que o alumno/a recibirá do Ceip de Arzúa, e que polo tanto non ten que mercar.
Recordámoslles que poderán recoller os vales dos libros de texto de 1º e 2º de primaria e os de material escolar o día VENRES 8 DE XULLO, en horario de 11 a 14 horas.
Lembrámoslles que as probas de avalización individualizada de terceiro curso de Educación Primaria realizaranse os días 24 e 25 de Maio de 2016.
Para máis información sobre a Resolución do 18 de abril de 2016 pinche aquí.
Instruccións avaliación individualizada 3º Educación Primaria.
Adxuntamos a Resolución do 18 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria e da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2015/16. (DOG do 26 de abril).
Xuntamos tamén as Instrucións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para a aplicación e corrección das probas da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2015/16.
Resolucion do 18 de abril de 2016 (DOG)
Instruccións para a aplicación e corrección das probas de avaliación final de educación primaria.
Informamos que o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o novo alumnado nos centros, é do 1 ao 29 de marzo, ambos os dous incluídos.
Para máis información, pincha nos seguintes enlaces:
NORMATIVA
Orde de admisión (DOG 15/03/2013)
Instruccións Xefatura Territorial
DOCUMENTOS A CUMPRIMENTAR
Anexo II- Solicitude de admisión
Anexo III- Formalización de matrícula
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO
SERVIZO DE TRANSPORTE (Ofertado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U)
SERVIZO DE COMEDOR (Ofertado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U)
PLAN DE MADRUGADORES (Ofertado polo Concello de Arzúa)
Debido a problemas técnicos informáticos axenos ao centro, estamos á espera de novas instruccións por parte da UAC, para a publicación da listaxe definitiva do alumnado acollido ao fondo solidario.
Calquera dúbida poden chamar ao 698146536
Achegamos información sobre a implantación da xornada lectiva en sesión mixta. Poden consultala premendo aquí.
Así mesmo, recordámoslles que o vindeiro luns 16 de marzo, ás 17:05 horas na aula de audiovisuais do Centro, terá lugar unha reunión informativa para tratar o devandito tema.
Informámoslles que o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o novo alumnado no CEIP de Arzúa é do 1 ao 20 de marzo, según o disposto na Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013).
Na Secretaría do Centro dispoñen da información necesaria así como dos impresos de solicitude de admisión e a documentación requerida, que poden retirar dentro do horario escolar, ou descargar dende aquí:
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |