Secretaría, Matrícula, Solicitudes, Circulares, Información, Comedor Escolar, Transporte Escolar, Libros de texto

XORNADA GASTRONÓMICA ARZUÁN NO COMEDOR

TOCOULLES ESTA VEZ  ORGANIZAR CON TAREIXA AS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL , OUTRO DÍA DE XORNADAS GASTRONÓMICAS, ESTA VEZ MOI PRETO DE NÓS, A DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DE ARZÚA...

  • Decoramos o comedor con murais relativos aos productos elaborados no noso concello, o mel e o queixo
  • Buscamos música típica  para poñer mentras xantamos.
 
Foi moi divertido e aprendemos moito sobre estes productos, xa que tivemos unha cata de queixo impartida por Óscar Pérez, Secretario Xerente do Consello regulador da DOP Arzúa-Ulloa e uns talleres do museo vivente da mel de Dombodán, o Enredo do Abeleiro por Amparo.


  • CATA DO QUEIXO o luns 16 de xaneiro para 3º de EP






  • DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS DONADOS PARA O COMEDOR  ESCOLAR o luns 16 de xaneiro


 

  • TALLERES DO MEL o xoves 19 de xaneiro para Educación Infantil

 

 5 anos

 4 anos

3 anos

COMIDA INTERNACIONAL NO COMEDOR

TOCOUNOS ORGANIZAR CON TAREIXA E ROSA, AS NOSAS MESTRAS, O PRIMEIRO DÍA DE COMIDA INTERNACIONAL NO NOSO COLE...

  • Decoramos o comedor con murais relativos ao país, MÉXICO
  • Buscamos música típica deste país para poñer mentras xantamos.
 
Foi moi divertido e aprendemos moito sobre un novo país.

AUTOPROTECCIÓN

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Publicamos a listaxe provisional do alumnado de Educación Primaria que vai recibir libros de texto do fondo solidario.

Lembrámoslles que é unha listaxe PROVISIONAL e que deben agardar á listaxe definitiva que se publicará na vindeira semana.

Nesta listaxe, publícase a relación de libros que o alumno/a recibirá do Ceip de Arzúa, e que polo tanto non ten que mercar.

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Nota informativa

 

Recordámoslles que poderán recoller os vales dos libros de texto de 1º e 2º de primaria e os de material escolar o día VENRES 8 DE XULLO, en horario de 11 a 14 horas. 

COMEDOR ESCOLAR

Ante as novas instruccións da Secretaría Xeral Técnica da Consellería, informamos que as familias que desexen facer uso do Servizo de Comedor Escolar, deberán cubrir o modelo de autodeclaración e especificacións (anexo II).

Modelo de autodeclaración e especificacións.

Avaliación Individualizada de terceio de Educación Primaria. Curso 2015/2016

Lembrámoslles que as probas de avalización individualizada de terceiro curso de Educación Primaria realizaranse os días 24 e 25 de Maio de 2016.

Para máis información sobre a Resolución do 18 de abril de 2016 pinche aquí.

Instruccións avaliación individualizada 3º Educación Primaria.

Avaliación Final de Educación Primaria. Curso 2015/2026

Adxuntamos a Resolución do 18 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria e da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2015/16. (DOG do 26 de abril).

Xuntamos tamén as Instrucións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para a aplicación e corrección das probas da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2015/16.

 Resolucion do 18 de abril de 2016 (DOG)

Instruccións para a aplicación e corrección das probas de avaliación final de educación primaria.

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2016-2017

Informamos que o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o novo alumnado nos centros, é do 1 ao 29 de marzo, ambos os dous incluídos.

Para máis información, pincha nos seguintes enlaces:

INSTRUCCIÓNS XERAIS

NORMATIVA

Orde de admisión (DOG 15/03/2013)

Instruccións Dirección Xeral

Instruccións Xefatura Territorial

DOCUMENTOS A CUMPRIMENTAR

Anexo II- Solicitude de admisión

Anexo III- Formalización de matrícula

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO

SERVIZO DE TRANSPORTE (Ofertado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U)

SERVIZO DE COMEDOR (Ofertado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U)

PLAN DE MADRUGADORES (Ofertado polo Concello de Arzúa)

 

Axudas material escolar

Ante a orde do 25 de agosto de 2015 (DOG do 1 de Setembro de 2015) ábrese o prazo para a tramitación de axudas para a adquisición de material escolar.

Para mais información, preme aquí.

Powered by Drupal - Design by artinet