REPRODUCIMOS II

Para rematar este proxecto, falataban os nenos e nenas maoires que tamén reproduciron plantas para despois ter para o xardín e para o horto...

 

 



 

2º A e B
 



3º A



6º A

ANXO MOURE

Hoxe foi un día moi especial para os máis pequenos, Anxo Moure contoulles contos e máis contos relacionados coa paisaxe, coa reciclaxe, cos coidados da natureza en xeral dunha maneira moi divertida.

Pasaron as dúas horas de seguido!!!!

 



O TURNO DAS PAISAXE-VIXÍAS

Xa empezamos!!!!
Día tras día, recreo tras recreos imos obdecer aos mandatos da Marela e propoñémonos vixiar, coidar e respectar a paisaxe do noso cole.

 

 

 

 
 

REPRODUCIMOS PLANTAS

Hoxe dia 21 de marzo empezamos outro dos catro proxectos propostos por Ignacio, un papá moi colaborador, a reprodución de plantas. Fixemos un horario ao longo do día, onde pasamos todos e todas para aprender como reproducir plantas para logo podelas plantar no noso horto ou xardín.

 




3 ANOS A  e  B



 




4 e 5 ANOS




1º A e B 
 



 

2º A e B
 

CLASIFICAMOS A FLORA DO CENTRO

Despois de dar un longo paseo polo colexio, decidimos empezar outro novo proxecto para clasificar as plantas que nos arrodean, facendo dúas fases , unha de investigación a outra de procura ou busca.



Fase de investigación:



 

Escena 1

A nosa curtrametraxe xa vai collendo forma. A pesar de algún que outro problemiña técnico, está a ser unha experiencia do máis fascinante!!

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, non? Pois mirade que caras!! 

Se queredes ver máis imaxes da gravación premede aquí

Xaque mateee...

 Xaque mate, afogado, peón, torre... e moitas cousas máis estamos aprendendo nos obradoiros de xadrez que  nos imparte Xosé tódalas tardes despois de comer...

Se queres descubrir como aprendemos xogando pincha aquí...

 

Aquí vos deixo un vídeo de Berni, espero que vos guste!!

 

De compras pola vila!

Por fin saiu o sol e puidemos saír de excursión!


Esta vez saimos a ampliar os nosos coñecementos sobre as tendas , o que nelas se vende, quen o vende...


Paseamos polas rúas, cruzamos nos pasos de peóns, observamos os escaparates de ferraxerías, panaderías, peixerías, xoiería, zapatería...e fixemos unha parada  dun xeito especial na froitería e o supermercado , nos que  mercamos froita para facer logo unha saborosa macedonia para merendar.


Ollade e veredes que saída máis interesante!


 


   



  


 


 


 


   


 

Comezamos PAISAXE-VIXÍAS!!

Aquí vos deixo unha nova carta de Marela na que invita aos nenos  e ás nenas a comezar coas patrullas de PAISAXE-VIXÍAS!!
Xa vos iremos informando do seu labor!!

Powered by Drupal - Design by artinet