Os nenos e as nenas de Infantil seguimos practicando deporte nos II Peque-Xogos, esta semana xogamos a lanzar tiros libres á canasta no patio dos maiores, que ilusión!!!
Todos os equipos conseguiron o seu sorriso para o marcador, xa que foron moi bos deportistas, mirade que ben o pasaron!!!
Apúntate ao voleibol...!!
Neste trimestre os nenos e nenas de quinto e sexto de Primaria iniciámonos e perfeccionamos algunhas das técnicas do voleibol.
Se queres coñecer algo máis deste deporte anímate con este xogo!!
Descubrimos as nosas paisaxes!!
Os nenos e as nenas de primeiro de Primaria estudiaron as diferentes paisaxes e as súas características...
Se queredes descubrir con eles as nosas paisaxes, aquí tedes este xogo...
CONCURSO FOTOGRÁFICO "GÚSTAME A FROITA"
Que marabillosos traballos fixeron os nenos e nenas de 5º A coas TICs!!!!
Eles soíños coa axuda da sua mestra Susana preséntannos ao CONCURSO FOTOGRÁFICO convocado en Froitopía, un dos programas do Plan Proxecta.
Noraboa rapaces e moita sorte!!!!
ADRIÁN 5ºA |
BRAIS 5ºA |
MARTA 5ºA |
DANIEL 5ºA |
DAVID 5ºA |
IVÁN 5ºA |
JUDITH 5ºA |
LAURA 5ºA |
LAURA 5ºA |
LUCÍA 5ºA |
MANUEL 5ºA |
NOELIA 5ºA |
RAÚL 5ºA |
UXÍA 5ºA |
Preparados, listos, a xogaaarr...!!
Xa comezamos os XVII XOGOS DE PRIMAVERA...!!
Cada día antes de comezar as clases, os nosos deportistas cheos de ilusión e con gañas de xogar van consultar o taboleiro deportivo onde diariamente se convocan diferentes partidos de brilé, minibasquet, fútbol sala, xadrez ou badminton.
Nas horas de lecer os equipos participantes ataviados coas súas camisetas e baixo a supervisión dos árbitros desputan o partido sen olvidar que o máis importante é participar e pasalo ben...
Se queredes ver como se divirten premede aquí.
Viaxe fin de curso
Xa fomos e xa viñemos da viaxe de fin de curso á Comunidade veciña, Asturias.
Vimos unhas fermosas paisaxes de costa bañadas polo mar Cantábrico e de montaña nos Picos de Europa e arredores.
Pasámolo moi ben e felicitáronnos polo bo comportamento na Posada del Monasterio, o albergue onde estivemos.
Tapia de Casariego |
Tapia de Casariego |
Tapia de Casariego |
Playa de La Griega- Colunga |
Río Sella |
Río Sella |
Picos de Europa |
|
|
Playa de las Catedrales- Ribadeo |
OCEÁNTICA 2014
Se queredes ver os nosos traballos publicados na páxina do Congreso Oceántica premede no enlace seguinte
http://congresooceantica.campusdomar.es/
e desfrutade con eles, están mesturados con outros doutros países, como México, Arxentina, Portugal.. e Comunidades españolas
Como se fixo a curtametraxe "A vaca Marela"
Unha vez rematada a curtametraxe de "A vaca Marela" aquí vos deixo un resumo con todos os pasos que seguimos para a súa elaboración. Para o estreo da curta teremos que esperar uns cantos días máis pero, polo momento, os máis peques do cole deixannos as súas opinións neste vídeo, non o perdades!!!
Día das Letras Galegas
Hoxe, 17 de maio, conmemórase o Día das Letras Galegas. Este ano, adicado a Xosé M. Díaz Castro e, que mellor homenaxe a esta figura, que escoitar aos nenos e ás nenas do 3º ciclo xunto a Mini e Mero cantando o poema Penélope en Radio Arzúa. Certo é que trasmiten unha manchea de forza e emoción!!!
Preme aquí para ver máis imaxes
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- …
- seguinte ›
- última »