RESERVA DE PRAZA PARA O IES DE ARZÚA

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP de Arzúa que o vindeiro curso 2023-24 vaia cursar os seus estudos no IES de Arzúa (centro ao que está adscrito o CEIP de Arzúa) deberá realizar a reserva de praza entre o: 

16 de xaneiro e o 6 de febreiro

(ambos incluídos)

Para tal efecto deberán cubrir o anexo correspondente e entregalo na Secretaría do NOSO CENTRO no horario de ATENCIÓN ÁS FAMILIAS ou envialo polo alumnado, que llo deberá entregar á súa titora.

DESCARGAR ANEXO GALEGO

DESCARGAR ANEXO CASTELÁN

Tamén se poderá solicitar a reserva de xeito telemático a través da aplicación de ADMISIÓN DO ALUMNADO.

AdmisionAlumnado

Lexislación aplicable:

- DECRETO 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado

en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas

de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación

secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006,de 3 de mayo, de educación.

- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do

3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros

docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo

ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria

obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de

 educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

BO NADAL

A Comunidade Educativa do CEIP de Arzúa deséxavos a todas e todos unha felices festas!

 

                                                              

A postal de Nadal este ano fíxoa o alumnado de 1º de EP.

 

REIS MAGOS

 

As súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar pasaron polo CEIP de Arzúa para falar cos nenos e nenas, recoller as súas cartas, escoitar os seus desexos e desexarlles unhas felices festas.

Emocionados e emocionadas, os rapaces e rapazas viviron unha mañá moi máxica e especial.

 

Grazas á ANPA XERMOLOS por facelo posible!

 

 

DIPLOMA DE SOLIDARIEDADE

Panxoliña 3º A- MÚSICA

Os rapaces e rapazas de 3ºA cantando "Blanca Navidad" para despedirmos antes das vacacións de Nadal. Tan só tiveron unha clase para preparala e estaban un pouco nervioses, pero con esforzo todo paga a pena!

Felices vacacións!

Shadia

Panxoliña 2ºA - MÚSICA

Non tivemos moito tempo para ensaiar, pero os nenos e nenas de 2ºA quixeron celebrar o nadal na clase de música improvisando estas panxoliñas!

Desfrutade as vacacións!

SAÍDA AO CINE DO ALUMNADO DE 3º EP

O alumnado de 3º EP fixo hoxe unha saída a Santiago de Compostela, xunto co alumnado de 1º EP, para asistir á estrea da película "EL GATO CON BOTAS: EL ÚLTIMO DESEO". 

Esta película de animación gozou de moi boa acollida entre as nenas e nenos e, ademais de botar unhas boas risadas, recordounos que debemos apreciar o que temos para ser felices.

Foi unha xornada chea de emocións que nos serviu para darlle un bo remate a este primeiro trimestre de curso. 

 

 

 

Felicitación de Nadal 6º EP

Felicitación cun toque Wednesday

 

Os alumnos e alumnas de 6º EP do CEIP de Arzúa preparan esta felicitación de Nadal un poco diferente... co baile de moda de tiktok de Wednesday Adams!

 

Shadia

MÚSICA - Podcast 5º EP

Este trimestre, os alumnos e alumnas de 5º de Primaria traballaron en grupos para crear un podcast sobre Música Popular. É a primeira vez que preparan un proxecto de investigación musical tan laborioso e a verdade é que... non se lles da nada mal! Queremos compartir convosco algún dos podcast, así que aquí tedes aos locutores de Stranger Music que nos falan da importancia da música popular e tamén falan da música tradicional doutras culturas.

 

 

 

Shadia

VISITA DO APALPADOR

O Apalpador é, nas zonas do este de Galicia, a figura mítica dun carboeiro que baixa a noite do 24 de decembro a tocarle a barriga aos nenos e nenas para ver se comeron ben durante todo o ano, deixándolles un puñado de castañas, en ocasións, algún agasallo, e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e comida.

Os cativos e cativas do CEIP de Arzúa tiveron a sorte de falar con el, xa que visitou as nosas terras. Moitas grazas, Apalpador!

Grazas á ANPA O FORMENTO por facelo posible!

 

 

 

 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento que serve de plan de acción global para a liberdade e a igualdade protexendo os dereitos de todas as persoas en todos os lugares do mundo.

Os nenos e nenas do CEIP de Arzúa recollemos varios deses dereitos plasmados neste mural tan bonito titulado “Unha marea de dereitos”. Cada peixe ten rotulado e decorado un dos  dereitos que é “pescado” por ese barco coa finalidade de darle visibilidade, recoñecelo e valoralo.

                                        

Powered by Drupal - Design by artinet