Comezamos!...Traballando por recunchos

Agora que xa somos Biblioteca Creativa, toca preparar, mellorar e estrear os recunchos de aprendizaxes múltiples, onde ofrecemos unha variedade de recursos para explotar a nosa faceta como creadores. 

Fomentar a imaxinación e a creatividade é un obxectivo esencial dunha biblioteca escolar e debemos aproveitar a inspiración que ofrece este espazo para atopar novos retos e aprender coa experimentación. 

 

 
 
  
                      
 

Día das Bibliotecas

 

 

 

No día 24 deste mes de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, e nós aproveitamos para presentar á mascota da biblio - unha ratonciña de biblioteca chamada HISTORIA - e dedicarlle un debuxo : VER NO BLOGUE

 

 

Unha ventá aberta ao mundo

 

 

 

Xa temos a temática para este curso 2023/24! O lema é "Unha ventá aberta ao mundo" e o que buscamos é traballar as diferentes culturas, linguas, tradicións e aspectos importantes de diferentes países, para así dar unha volta ao mundo dende a nosa "ventá" que é o centro escolar.

 

Gocemos da nosa viaxe!

A biblioteca abre de novo as súas portas!

 

 

Que ganas tiñamos de recibirvos de novo na biblioteca. Estabamos a preparar os nosos novos recunchos e mobiliario para presentar a nova experiencia que ofrece a biblio, non só para ler e estudar, ou para xogar ao xadrez que vos encanta! Se non para traballar tamén outros aspectos da aprendizaxe por recunchos na "Hora de biblio" organizada polas titoras.

Lee máis no blogue! PREME AQUÍ

TEATRO INFANTIL E FAMILIAR

 

FUNCIÓN: DOMINGO, 24 DE SETEMBRO

LUGAR: CAPELA DA MADANELA

HORA: 18:00

 

O´BRINGUELO

A Asociación Cultural e Musical O`Bringuelo de Arzúa ofreceu un obradoiro de baile e música tradicional para alumnado de Educación Primaria coa finalidade de difundir as propostas que desde a súa escola ofrecen para este curso 2023/2024.

Pasámolo moi ben bailando, cantando e tocando instrumentos tradicionais

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CONCELLO

ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS PARA OS/AS USUARIOS/AS DO COMEDOR ESCOLAR

EMPRÉGASE A RENDA DO 2022, do seguinte xeito:

casiña 435+casiña 460-casiña 595=X

Descargar o ANEXO II AQUÍ

 

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024.

 

Según a INSTRUCIÓN 2/2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2023-2024, ábrese o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CEIP de Arzúa, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022-2023.

FIN DE CURSO 2023

O verán chamou ás nosas portas, e que mellor maneira de despedir este curso que con bailes, música e diversión!

O pasado mércores, 21 de xuño celebramos o Festival de Fin de Curso e un acto de despedida ao alumnado de 6º de EP que comezará unha nova etapa no IES de Arzúa.

Desexámoslles o mellor!

Feliz verán a todos e a todas!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet