Imaxes en movemento

Un boneco feito con xiz axúdanos a manter limpo o cole. Ata para limpar temos arte!

Mirade o vídeo.

(Tanto este vídeo como o da entrada anterior fixéronnos os nenos e as nenas de 5 anos, sacando eles mesmos as fotos)

sentímolo, flash non está dispoñible.

Imaxes en movemento

Algo está pasando no cole, os zapatos andan sen pés!! Será maxia? Ollade o vídeo!

sentímolo, flash non está dispoñible.

Entroido

Como xa sabedes, este curso, dende o equipo de BIBLIOTECA propuxemos un tema de traballo común para todo o cole: A ARTE CONTEMPORÁNEA. Pois ben, como non pode ser doutro xeito, a arte tamén estivo presente no ENTROIDO. Foi unha explosión de cor, cargada dos mellores pintores, de moda hippie, de artistas e de personaxes de cine.

Preme na aquí ou na imaxe para ver as fotos.

 

ORGULLOS@S DO NOSO

COÑECENDO AO POETA UXÍO NOVONEYRA

 15 ACTIVIDADES PARA COÑECER AO NOSO POETA UXÍO NOVONEYRA NO CEIP DE ARZÚA.

Día da Paz

O pasado 29 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz. Xuntámonos para cantar contra a violencia á vez que construimos o noso propio Guernica. Cada aula pintou unha parte do cadro,de xeito que, entre todos e todas, enchémolo de cor esperanza agardando que nunca máis teñamos que ver na realidade a dor e o sufrimento que Picasso pintou no seu cadro.

Ollade que colorido quedou.

Un pouco de música

Esta é  canción que imos cantar todo o  colexio o vindeiro venres 29 para celebrar o Día da Paz...encendende os altofalandes e A CANTAR!

Solidariedade con Haití

Con motivo do terrible terremoto que sementou o caos en Puerto Príncipe, Haití, no CEIP de Arzúa solidarizámonos cas súas xentes. Por isto, debuxamos un mapa de Haití no patio do colexio que serviu para que o alumnado depositase sobre o seu contorno moedas para os damnificados.

Graciñas a todas as familias por aportar o voso gran de area, pois conseguístedes que o alumnado xuntase case 700 euros cos que axudar a Haití.

Premede aquí para ver o momento.

Nadal

Unha obra de teatro, cantigas tradicionais, Papá Noel, lingua de signos, panxoliñas, pintores no portal, baile moderno, violinistas, os Reis Magos, poetas, e incluso uns mestres e mestras que desafiaron aos tres tenores, reuníronse no festival de Nadal.

LIBROS RECOMENDADOS DENDE A BIBLIOTECA

 

RECOMENDAMOS 

EN TEMPO DE NADAL  co programa do Festival do Nadal e como non o ARTE PARA LER E...PARA COMEZAR O ANO NOVO COMO GRANDES LECTORES QUE SOMOS, A BIBLIOTECA ESCOLAR DO CENTRO PROPÓNNOS UNHA ESCOLMA DAS MELLORES PUBLICACIÓNS E NOVIDADES  PARA A SÚA    LECTURA. NELA HAI OBRAS  PARA TODAS AS IDADES, POLO QUE AGARDAMOS QUE AS DISFRUTEDES NO TEMPO DE LECER DESTE NADAL.. PODEDESS IMPRIMIR E OLLAR AS RECOMENDACIÓNS CLICANDO AQUÍ. . E MOI PRONTO PODEREMOS PRESUMIR DUNHA BIBILIOTECA  MODERNA NA QUE TEREMOS MOITO MÁIS ESPAZO E MATERIAIS AUDIOVISUAIS.

 

Powered by Drupal - Design by artinet