COMEDOR ESCOLAR

Recordamos a toda a comunidade educativa do CEIP de Arzúa que aquel alumnado sen dereito ao Servizo de Transporte que desexe ser usuario do Comedor Escolar, deberá entregar a solicitude de admisión e a declaración da renda do exercicio 2011 antes do 20 de Setembro.


Os requerimentos e documentación están a súa disposición na Secretaría do Centro.


Podedes descargar dende aquí a información para os comensais.

Festival Fin de Curso 2012

Mirade que ben o pasamos no Festival de Fin de Curso, no que non quedou ninguén sen bailar e cantar!!!

Tamén se entregaron os merecidos premios aos nosos deportitas, que participaron nos XV Xogos de Primavera.

Preme aquí para ver o Festival en imaxes

Festival Fin de Curso 2012

Xosé Neira Vilas

Este curso veu visitarnos ao cole o escritor Xosé Neira Vilas. Os nenos e as nenas de 2º ciclo de Primaria estiveron encantados de poder escoitalo e compartir con el uns momentos para falar da súa obra e as súas experiencias. Preme aquí para ver algunha imaxe.

Obradoiro Xogos do Mundo

O pasado día 19 de Xuño a ANPA o Formento agasallounos cun obradoiro de Xogos do Mundo.

Pasámolo xenial descubrindo, construíndo, compartindo, xogando,...

Non podemos máis que agradecer á ANPA do cole que nos ofrecese esta actividade!!!

Ollade algunha foto aquí

Obradoiro Xogos do Mundo

Obradoiro música tradicional

A Semana do 18, 19 e 20 de xuño pasamos uns días nos que a Asociación Santiagüiños de Boimorto nos fixo desfrutar da música tradicional.

Por uns momentos convertémonos en pandereteiras/os e tamén cantamos e bailamos. Tamén nos ensinaron outros moitos instrumentos: gaita, pandeiro, bombo,...e algún outro moito máis sinxelo como unha folla, si, si,...das follas tamén sae música!!

Graciñas a estes profes tan especiais por facernos vivir a música e contaxiarnos o voso entusiasmo!!

EXCURSIÓN AO MONTE DE SAN PEDRO _ 1º CICLO

ESTAS SON AS PRIMEIRAS FOTOS DA SAÍDA FEITA AO MONTE DE SAN PEDRO NA CORUÑA COS NENOS E NENAS DO 1º CICLO DE PRIMARIA, SE AS QUEREDES VER NON TEDES MÁIS QUE PINCHAR AQUÍ

grupo.JPG

CUMPLES DE VERANO...un viaje al pasado

Si quieres ver nuestra fiesta de cumpleaños pincha en este enlace...al mismo tiempo aprenderás historia

 

http://primerciclo-arzua.blogspot.com.es/2012/06/cumples-de-verano-un-viaje-al-pasado.html

DSCN1823.JPG

Camiñando, camiñando!!!

Camiñando, camiñando chegamos un ano máis ata o campo da festa de Preguntoño dende o cole. Nesta xornada de convivencia, non esquecemos o baile, o xogo e, como non, o contacto ca natureza!!
Mira neste vídeo o moito que desfrutamos pequenos e maiores.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Proxecto Climántica

Se queres ver o que fixemos os nenos e nenas de 2º en colaboración co IES de Arzúa preme nos seguintes enlaces

 

http://primerciclo-arzua.blogspot.com.es/2012/05/poesia-en-climantica.html

 

http://primerciclo-arzua.blogspot.com.es/2012/05/climantica-2012.html

 

Tivemos a oportunidade de volver a colaborar neste porxecto tan fermoso como é o de coidar o noso planeta Terra con estas dúas creacións, das que nos sentimos moi orgullosos.

o señor CLMNTKpequeño.jpg

Anxo Fariña

Esta semana estivo con nós Anxo Fariña, preme aquí e descubrirás o que aconteceu!!


Powered by Drupal - Design by artinet