Marela fala en inglés!!!!!!

Os nenos e nenas de 5º A fixemos un cómic sobre Pingallo e Marela, axudados pola profe de Inglés, Cristina.

 

 

Xogamos ás canicas!!

 


A semana pasada Marela pasou de novo pola clase de Educación Física e animounos a xogar ás canicas... Invitounos a que investigásemos como xogaban os nosos pais, os nosos profes...e descubrir así os diferentes xogos de canicas.


Aprendimos a xogar ao "guá" e vimos que é moi divertido...!!


Se queres ver as fotos, pincha aquí

DIVERSIDADE CULTURAL

 

21 DE MAIO

DÍA MUNDIAL DA 

 DIVERSIDADE CULTURAL

PARA O DIÁLOGO E O  DESENVOLVEMENTO


Este día danos a oportunidade de valorar de xeito positivo a diversidade cultural que existe e aprender a protexela e ao mesmo tempo convivir de mellor maneira.

Algunhas cousas que podemos facer son:

- Visitar na web arte, música, gastronomía, celebracións, . . .etc de outros lugares.

- Falar con persoas estranxeiras (maiores e nenos) do seu país, da súa comida, as súas festas, ect.

-Coñecer a literatura, os contos doutros lugares, . . . etc.

Mostra da diversidade e este corto vídeo

http: //www.un.org/content/es/_vidout/video423.shtm

DIVERSIDADE CULTURAL

Xosé Miranda

No terceiro ciclo estivemos lendo libros de Xosé Miranda, escritor lucense que lle gusta escoitar para logo contar nas súas obras lendas e contos galegos...

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

       

Este ano adícase o Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño. Nas aulas traballouse poemas del, a unidade didáctica do Seminario Galán e outras moitas actividades.

Un museo con moito refugallo

Estes días Marela solicitou (dende Clim@ e Xogade) a axuda das familias para crear xoguetes con material de refugallo e, unha vez máis, foi todo un éxito a participación!!! Graciñas e noraboa polo voso traballo!!
Os xoguetes deixan ver que a vosa creatividade e ilusión non teñen límites.
Xogo e reciclaxe únense para axudar ao planeta a estar un pouco máis coidado e limpo, ao tempo que nos divertimos en familia.



 

Se queres saber máis visita os blogues:

http://oplanetadamarela.blogspot.com.es/

http://xogadearzua.blogspot.com.es/

ROSALÍA DE CASTRO

Para que aprendades máis cousas de Rosalía de diferentes pero orixinais maneiras.

 

http://educacion.practicopedia.lainformacion.com/biografias/como-fue-la-vida-de-rosalia-de-castro-16724

 

 

Separamos o lixo con Marela

Hoxe Marela quere ensinarnos a separar o lixo para seguir coidando o planeta, mirade que vídeo tan chulo nos quedou cos debuxos feitos polos nenos e nenas de Infantil.

 

Aquí podedes ver un vídeo do "Día do Libro"

sentímolo, flash non está dispoñible.

Powered by Drupal - Design by artinet