Estamos de noraboa outra vez no centro

A unha alumna do noso centro publicáronlle un dos relatos que presentamos en 5ºA no concurso de relatos CIENCIA QUE CONTAS 2012

NORABOA ANTÍA!!!!!!

Se o queredes ler pinchade na imaxe

 

CapasCienciaConta5

Sentimos Cantares

Este curso quixemos conmemorar o 150 aniversario da publicacion de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, por iso creamos esta produción na que recitamos, debuxamos, escoitamos e, sobre todo, SENTIMOS CANTARES!!

FESTIVAL FIN DE CURSO

Se queres ve r fotos do festival de fin de curso pincha no seguinte enlace

http://terceirociclo-arzua.blogspot.com.es/2013/06/blog-post.html

Concerto Pesdelán

Encántanos o grupo Pesdelán, as súas cancións soaron xa en moitos festivais e Romarías do cole pero...sabedes unha cousa??

o derradeiro día de cole viñeron facernos bailar,...e conseguírono!

Ollade as fotos premendo aquí, a ver se sabedes en cal estamos a baliar a muiñeira.

Festival fin de cuso 2013

Música, baile, canto, e miles de emocións para celebrar o Festival de Fin de curso. Preme aquí para ver algunha fotografía do momento.

Tamén no festival, houbo un tempo para adicarllo aos grandes deportistas, na entrega de trofeos e medallas. Noraboa a todos os participantes nos XVI Xogos de Primavera!!!

Mini e Mero

O pasado día 17 de xuño viñeron ao cole Mini e Mero. Sen dúbida fixéronnos pasar unha xornada estupenda a nenos e maiores con cancións populares.

Reto conseguido!!

O curso remata e toca facer balance,...noraboa a todos os participantes en climántica, o reto está superado: conseguimos por en marcha varias medidas para frear o cambio climántico!!!
Pero a nosa labor non se pode deter aquí!! Seguiremos coidando o planeta!!

Preme aquí para saber máis sobre a 1º Xuntanza de Xóvenes sobre a Sostenibilidade e a Paisaxe, na que participamos en Pontevedra.




Castro Curbín

O venres 14 de Xuño os nenos de 3ºB, 4ºB, 5ºA e 5ºB fixemos unha ruta dende o colexio ata Castro Curbín. Durante o noso percorrido descubrimos onde se cruzaban o camiño francés e o da prata e lembramos a lenda da fonte da Quenlla. Unha vez que chegamos ao castro recibíronos "os castrexos" con quen aprendimos e compartimos xogos.


Se queres ver as fotos da ruta pincha aquí.

Unha viaxe de conto!

No día de hoxe, os nenos e as nenas de Educación Infantil viviron unha xornada de conto!! Visitamos o Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol, Lugo) onde coñecimos como se vivía nun castelo, pero o que máis nos sorprendeu e que alí estaba A Bruxa Maruxa!!!!

Preme aquí para ver as fotografías da xornada

Xornada de divulgación Plan Proxecta

O día 11 de xuño, celebramos no cole un Mini-Congreso para dar a coñecer as actividades que levamos a cabo dende o Plan Proxecta.
Quixemos explicar á Comunidade Educativa o aprendido no Programa de Distribución de Froitas, Xogade e Climántica, e tamén en Oceántica. Realizamos varias exposicións,

visionado de pelis que elaboraron os nenos e as nenas, cantamos cancións e varias dramatizacións onde puxemos en práctica a expresión corporal, para representar a deforestación e a chuvia ácida!

Podes ver fotos do momento premendo aquí

E para máis información visita os blogues:

http://xogadearzua.blogspot.com.es/

http://froitopia.blogspot.com.es/

http://oplanetadamarela.blogspot.com.es/

Powered by Drupal - Design by artinet