TEMA TRONCAL DO CURSO 2022-23

 

"A auga, fonte de vida"

 

"Mucha gente pequeña en lugares pequeños, haciendo cosas pequeñas pueden cambiar el mundo"

Eduardo Galeano

ACTIVIDADES MUNICIPAIS 2022-23

REUNIÓNS DAS TITORÍAS COAS FAMILIAS

 

REUNIÓNS DAS TITORÍAS COAS FAMILIAS

 

 

 

MARTES DÍA 6 DE SETEMBRO

 

 

 

3 ANOS A e 3 ANOS B

ÁS 11:30h

4 ANOS A e 4 ANOS B

ÁS 13:00h

5 ANOS A

ÁS 13:00h

1º A e 1º B

ÁS 10:00h

2º A e 2º B

ÁS 10:30h

3º A e 3º B

Ás 11:00h

4º A

Ás 11:30h

5º A

Ás 12:00h

6º A

Ás 12:30h

 

 

 

 

ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS PARA OS/AS USUARIOS/AS DO COMEDOR ESCOLAR

EMPRÉGASE A RENDA DO 2021, do seguinte xeito:

casiña 435+casiña 460-casiña 595=X

Descargar o ANEXO II AQUÍ

 

 

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.

 

Según a INSTRUCIÓN 2/2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2022-2023, ábrese o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CEIP de Arzúa, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022-2023.

FIN DE CURSO

Este martes, 22 de xuño, rematou o curso 2021-2022.

Foi unha xornada chea de emocións pero con moita diversión!

Tivemos a sorte de ter uns hinchables e xogos no noso patio do que poideron desfrutar todos os nenos e nenas do colexio.

Grazas á ANPA XERMOLOS por facelo posible!

 

 

 

 

FELIZ VERÁN!

DESPEDIDA ALUMNADO 6ºA

Hoxe foi unha xornada moi emotiva no noso colexio porque despedimos a unha promoción de alumnas e alumnos que concluíron os seus estudos neste centro. 

A este acto estiveron convidadas as familias do alumnado de 6º E.Primaria. Despois de dedicarlle a súa titora Mar unhas palabras, fíxoselle entrega da orla de grupo e dun pequeno agasallo. Aroha e Juanandrés, en nome de toda a clase, dirixíronse a toda a comunidade educativa para darlle as grazas por estes nove anos que pasaron no CEIP de Arzúa.

Esta reportaxe é un breve resumo do que vivimos nesta xornada.

  

  

  

O acto rematou cun concerto musical a cargo de Pablo Díaz e o guitarrista que o acompañou. 

A orla do grupo, como todos os anos, fíxoa a profe Chus. Moitas grazas por estar sempre aí!

 

Moita sorte a todas e a todos na nova etapa que ides emprender! 


OBRADOIRO DE IDENTIFICACIÓN DE FAUNA ÚTIL

Este mércores, 15 de xuño, levouse a cabo un “Obradoiro de Identificación de fauna útil” organizado pola ANPA O FORMENTO para todo o alumnado do colexio.

Este taller realizouse en tres quendas (unha para Educación Infantil e outras dúas para Primaria) onde a cada grupo de rapaces e rapazas se lles asignou un nome: tivemos os grupos das xoaniñas, os dos morcegos, os das abellas e os dos paporroibos.

Co alumnado de Educación Infantil realizáronse as seguintes actividades:

* En primeiro lugar, realizouse unha breve introdución explicando a problemática actual de perda de ecosistemas e hábitats de numerosos seres vivos por causa do dominio que ten a nosa especie no planeta que, xunto co cambio climáticos, son dúas das pedras angulares coa que terán que lidiar nun futuro non moi lonxano.

                   

* Logo, realizaron un mural interactivo colocando cada foto de cada animaliño no  seu hábitat correspondete, coa finalidade de recoñecer e representar a través de imaxes a fauna e flora. Este mural estaba composto de diferentes zonas:

Zona baixo terra: miñocas, toupas, raíces…

Zona herba: xoaniña, biscante, margaridas…

Zona poza: sapo, píntega…

Zona árbore: araña, formiga…

Zona cortizo: abellas…

                   

 

 

* Puideron coller un biscante, buscar unha miñoca, viron un cortizo e falaron del…

                    

 

* A seguinte actividade consistiu na construción e decoración de casas niño e caixas de morcego. Deste xeito, os nenos e nenas aprenderon a través de varias manualidades a construir novos espazos naturais para diferentes animais con elementos totalmente biodegradables.

Para rematar, colgaron as casiñas para os paxaros e morcegos nas árbores do patio do colexio.

                

 

* Hotel de insectos: entre todos os cursos crearon un hotel de insectos beneficiosos. Aquí vemos aos nenos e nenas de Infantil.

                           

 

O alumnado de Educación Primaria realizou as seguintes actividades:

* Introdución, da que falamos anteriormente.

                      

* Realización dun xogo cuestionario: consistiu nun xogo de preguntas para que os rapaces e rapazas poideran xogar, debater e competir estre aulas. Había tres respostas posibles, e logo de que se formulara a pregunta, cada aula debía debater e intentar chegar á resposta correcta, para despois levantar a tarxeta que consideraba que daba lugar a esa resposta verdadeira. Acertaron a maioría delas!

                   

* Realización e decoración de caixas niño e caixas de morcegos.

 

* Creación dun hotel de insectos. Os rapaces e rapazas de Primaria remataron a construcción deste hotel.

                                

O venres, levarase a cabo a “solta de bichos”: todo o alumnado interactuará de forma directa con diferentes especies de insectos útiles a través de xogos de contacto.

Cada clase inaugurará o seu hotel boidegradable para deixar en liberdade a toda esta fauna.

 

Desfrutamos e aprendemos moito!

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medioambiente coa finalidade de sensibilizar á poboación mundial acerca da importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respecto ao medioambiente.

Deste xeito, preténdese motivar ás persoas para que se convirtan en axentes activos do desenvolvemento sustentable e equitativo e fomentar a cooperación para que o medioambiente sexa sostible.

Iso mesmo é o que fixemos no colexio. Traballamos a gran importancia e o por que desta conmemoración e elaboramos neste mural colectivo baixo o lema “Como podemos coidalo?" onde cada aula decorou e rotulou nun contedor diferentes respostas a estas preguntas:

                               

 

Non malgastando a auga.

Limpando os espazos naturais.

Mantendo limpas as augas dos ríos e praias.

Reciclando.

Evitando o uso de plásticos.

Usando o transporte público.

Conservando o noso contorno.

Reducindo o uso de pesticidas.

Usando enerxías renovables.

Reutilizando recursos.

Reducindo o consumo.

Facendo uso dos puntos limpos.

Non malgastando a enerxía.

 

                Alumnado de 4 anos

ESCOLA DEPORTIVA DE TENIS-VERÁN 2022-CONCELLO DE ARZÚA

Cartel informativo do curso de tenis de verán organizado polo Concello de Arzúa

Powered by Drupal - Design by artinet