POSTAL DE NADAL E TRÍPTICO DE LECTURAS RECOMENDADAS

O CEIP de Arzúa quere felicitarvos o Nadal "agasallándovos co seu mellor sorriso", que é a proposta do alumnado de 3ºA para a celebración das vindeiras festas.

Os equipos de Dinamización Lingüística e Biblioteca sumámonos á mesma, e engadímoslle unha interesante selección de libros para que tamén poidades celebrar o Nadal, cun bo libro nas mans. Lembrade que en tempos de pandemia, nos que se ve mermada a nosa actividade social, os libros son excelentes compañeiros que nos axudan a combater o aburrimento.

   PREME AQUÍ

 

Bo Nadal e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias. 

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento que marca un hito na historia dos dereitos humanos. Elaborado por representantes de todas as rexións do mundo, a Declaración foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en París, o 10 de decembro de 1948.

Neste documento recóllense un total de 30 artigos e establécese, por primeira vez, os dereitos humanos fundamentais que deben protexerse no mundo enteiro.

Durante a semana, traballamos e aprendemos máis cousas sobre este documento, e plasmamos o noso traballo neste mural tan bonito que leva por título "Todos os seres humanos temos dereito a...". Cada curso profundizou máis nun dos dereitos humanos que rotulou e decorou nunha man. As doce mans xuntas, unha de cada aula, simbolizan a unión e resumen este documento tan importante para a humanidade.

Traballamos os seguintes dereitos:

- Educación

- Traballo

- Descanso

- Respecto

- Liberdade

- Igualdade

- Protección

- Identidade

- Xustiza

- Asistencia

- Dignidade

- Privacidade

                  

 

                                                         

ACTIVIDADES DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Este curso 2020-21 poderemos gozar destes espectáculos no noso colexio:

- Actuación musical a cargo de Gloria Mosquera e Tomi López de Mamá Cabra. Representación do espectáculo "Patrimonio natural". 

- Representación dun espectáculo de narración oral a cargo da compañía de teatro "Galeatro" de Carballo. 

O  Concello de Arzúa vén de concedernos unha subvención ao CEIP de Arzúa destinada ao EDLG que nos permite financiar estas actividades.

  

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER_25 NOVEMBRO

O 17 de decembro de 1999, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas designou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Desde o CEIP de Arzúa queremos aportar o noso granciño de area na sensibilización e denuncia sobre a violencia contra as mulleres no mundo. Sabemos que entre as claves para traballar contra a violencia de xénero está a educación na igualdade e no respecto ás diferenzas e aos dereitos humanos. Por iso, baixo o lema: "Nós traballamos por un mundo no que haxa...", fixemos unha serie de actividades que agora vos presentamos, co obxectivo de contribuír a un necesario cambio social no que, os nosos nenos e as nosas nenas, xa convertidos en homes e mulleres, vexan cumpridos os seus soños de igualdade, liberdade, diálogo, empatía, confianza e respecto. Actitudes todas elas importantes para erradicar a violencia de xénero da nosa sociedade. 

Este é o mural colectivo que se fixo coa axuda de todas as titorías do colexio.

  

Para colaborar co CIM de Arzúa elaboramos este vídeo, no que participou un neno ou nena representando a cada titoría de E. Primaria.

Queremos mostrarvos a continuación diferentes actividades levadas a cabo no noso centro; traballos realizados a partir dos libros de lectura, películas escollidas para traballar esta temática do 25 N, murais...

   3 ANOS

  4 ANOS -A   

   5 ANOS -B 

 1º A e B 

 3º A  

  4º A

  5º A

 6º A

 

 

DÍA DA INFANCIA

O Día da Infancia é unha conmemoración Internacional para reafirmar os Dereitos Universais dos Nenos e Nenas .

Conmemórase o 20 de novembro. Esta data é moi importante para a infancia por varias razóns: celébrase o Día Universal do Neno e da Nena, desde 1954, e ademais é o aniversario da Declaración Universal de Dereitos do Neno e da Nena, desde 1959. E ese día en 1989 aprobouse a Convención dos Dereitos do Neno e da Nena.

Establecéronse unha serie de dereitos incluidos os relativos á vida, á saúde e á educación, o dereito a xogar, á vida familiar, a protección fronte a violencia e a discriminación, e a que escoiten a opinión de todas as nenas e os nenos.

Desde o colexio, e co traballo dos rapaces e rapazas en cada aula, intentamos plasmar todas estas ideas e concienciarnos de que a infancia é unha etapa da vida irrepetible e que hai que conseguir que todos os nenos e nenas estean protexidos, seguros, con saúde e educación, independentemente do seu lugar de nacemento.

Aquí vai unha pequena mostra dos nosos traballos:

    3 ANOS                      

 

 

 4 ANOS A e B             

5 ANOS A

 

 

 

                               5 ANOS B   

 

 

1º A e B         2º 

 

 

                     

 

 

                      6º 

 

                   

 Ademais, para conmemorar esta data e grazas ao Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, tivemos a oportunidade de desfrutar do espectáculo "Cousas de 4" da compañía Odaiko, un teatro musical que permite explorar a percusión de forma creativa: con obxectos, instrumentos, o propio corpo...

A actuación tivo lugar no salón de actos e asistiron os alumnos  e alumnas de 1º, 3º e 4º de Educación Primaria no primeiro pase, e o alumnado de 3 anos e 4 anos A e B de Eduación Infantil no segundo.

 

                                                                          

Agradecemos de novo ao Concello de Arzúa por permitirnos desfrutar deste espectáculo de balde no noso centro e que tanto gustou aos nenos e nenas.

TEMPO DE OUTONO

Chegou o outono e trouxo da man dúas festividades moi nosas: o Magosto e o Samaín.

Este curso tan especial non puidemos celebrar o Magosto todas e todos xuntos como nos gustaría,  pero fixemos outras cousiñas nas nosas aulas. 

O mural colectivo confeccionouse coas follas e castañas que decorou o noso alumnado de E. Infantil e despois, o de 1º, 2º e 3º de E. Primaria buscou refráns da castaña para encher outras follas máis grandes. Os maiores escribiron cantigas dentro das siluetas das castañas, que ademais acabaron decorarando e quedaron así de ben.

 

      

No pdf que vai a continuación podedes ver outras actividades que se levaron a cabo en todo o colexio: colares feitos con castañas cocidas (os zonchos típicos da nosa zona), manualidades do outono, faroles de Samaín... O teatro de sombras que ensaiaron os nenos e nenas máis pequenos do colexio vainos servir de portada para amosarvos o resto dos traballos. 

  PREME AQUÍ

PROGRAMA ARCO

No presente curso 2020/21, o CEIP de Arzúa resultou de novo seleccionado nos contratos-programa, para a posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO):

LÍÑA 1, dirixida a alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

 


 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterio e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria no curso 2020/21.

Consulta aquí

Alumnado matriculado en educación primaria.

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo.

Prazo: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galica, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020. 

Descarga os Anexos no adxunto.

RESPECTARASE O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO.

 

 

Samaín 2020

Boas a tod@s. Aqui vos deixamos un traballiño feito por nós, para os nosos  nenos. Esperamos que vos guste.

Powered by Drupal - Design by artinet