Preparados, listos...!!!!!!!!!
Imos comezar uns novos programas dentro do Plan Proxecta, un proxecto de Innovación Educativa da Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria, grazas aos cales o ano pasado aprendemos moitos todos e todas os que formamos parte da Comunidade Educativa do CEIP de Arzúa!!!
Solicitamos catro: Paisaxe e Sustentabilidade, Alimenta-T-ben, Xogade e Nós tamén creamos!
Tivemos a gran sorte de ser admitidos nos catro...Xenial!!!!!
Agota tócanos traballar a todos e a todas, a nós dirixir os proxectos e aos mestres implicados asistir a xornadas de formación convocadas pola Consellería!!!!!