DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL

 

21 de marzo

 

O primeiro artigo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos afirma que «tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos»

Algúns países e algunhas persoas seguen facendo diferencias, discriminando as persoas pola súa raza, a súa cor, as súas costumes, sen recordar que os seres humanos teñen todos os mesmos dereitos e merecen igual trato.

Ese día, en 1960, a policía matou a 69 persoas nunha manifestación pacífica contra as leis de pases do apartheid(sistema legal de discriminación negativa das persoas negras en diferentes contextos) que se realizaba en Sharpeville, Sudáfrica.


 

Que podes facer Ti para combatir o racismo?


- Escapa dos prexuizos raciais e as actitudes intolerantes.

- Ten o convencemento de que calquera persoa ten os mesmos dereitos que ti.

- Comportate respectando eses dereitos.

- Denuncia os comportamentos de discriminación, racismo. Denuncia aos que non respectan os dereitos humanos.

Powered by Drupal - Design by artinet