Durante este curso algúns mestres e mestras do colexio estamos a participar nun grupo de traballo co fin de aprender un poquiño máis sobre a creación de actividades interactivas.
Despois de varias sesións de formación xa nos animamos a crear os nosos propios traballos. Se queres desfrutar deles podes facelo accedendo ao blog que creamos para expoñelos e compartilos con todos vós, premendo aquí.
![Grupo de traballo ABALAR Grupo de traballo ABALAR](https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdearzua/system/files/images/blogabalar.png)