BENEFICIARIOS
ALUMNADO QUE O VINDEIRO CURSO 2024-2025 CURSE DE1º A 6º DE PRIMARIA
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:
alumnado matriculado en 3º e 4º de Primaria.
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO:
alumnado matriculado en 1º e 2º de Primaria.
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR:
alumnado matriculado en educación Primaria.
O alumnado de 5º e 6º (E_Dixgal) está pendente da participación no fondo solidario de libros de texto pero PODERÁ SOLICITAR A AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR cando reúnan os requisitos establecidos na Orde.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Do 21 de Maio ao 21 de Xuño
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
ANEXO I (Solicitude)
ANEXO II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
Podes descargar os Anexos aquí:
Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por uórgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
IMPORTANTE:
TODAS AS SOLICITUDES DEBERÁN ESTAR DEBIDAMENTE ASINADAS PARA QUE TEÑAN VALIDEZ.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros a través da: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.