O 19 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e no seu entorno.
Por aquelas datas, foi a quenda das novas tecnoloxías. Óscar centrouse principalmente nos riscos do uso excesivo ou mal uso dos mesmos e, unha vez máis, insistiu nas idades mínimas que por lei os nenos/as deben ter para poder acceder e rexistrarse nas diferentes redes sociais (en España 13/14 anos).
Esta mesma temática foi a empregada na charla dirixida ás familias o 22 de xaneiro, onde os videoxogos e os seus riscos estiveron moi presentes.
No día de hoxe, e co motivo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, este mesmo alumnado participou noutra charla enmarcada neste Plan.
Nela tratáronse diferentes temas como:
- Que é o acoso.
- Tipos de bullying: físico, verbal, psicolóxico e social.
- Consecuencias.
Coma sempre, Óscar acercounos á realidade do día a día, facendo aos máis pequenos/as conscientes de que as faltas de respecto entre compañeiros/as son como as sementes do acoso escolar.
Tamén fixo fincapé no perigo dos “motes” e invitou ao alumnado a recapacitar e a meditar sobre os seus propios comportamentos.